A Xunta continúa abusando dos imprevistos orzamentarios

A Xunta continúa abusando dos imprevistos orzamentarios

A Xunta continúa abusando dos imprevistos orzamentarios

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, esixiulle hoxe ao goberno galego que cumpra coa recomendación reiterada do Consello de Contas, que ano tras ano ven advertindo nos seus plans de traballo sobre o abuso pola Xunta do programa orzamentario para “Imprevistos e funcións non clasificadas”.

Lembrou que o propio ente fiscalizador advirte que este programa está a ser utilizado de forma reiterada como programa – ponte para realizar transferencias de crédito. De acordo co propio Consello de Contas, este programa “permite alterar os límites fixados pola normativa que impedirían as transferencias directas entre as aplicacións afectadas” e destinar os sobrantes ao financiamento de partidas deficitarias.

A responsable socialista apuntou que a propia Comisión do Parlamento para as relacións co Consello de Contas aprobou o ano pasado unha recomendación unánime para utilizar este programa “na menor medida posible”. Sen embargo, este ano volveu ser rexeitada polo PP unha proposta idéntica, a pesares de que o goberno galego anuncie o seu compromiso de “restrinxir e acotar” esta práctica.

Rodríguez Rumbo apuntou que o uso deste programa “non é ilegal, pero vai contra o principio de transparencia do goberno galego” fixado a través da Lei de Transparencia e Bo Goberno que regula o dereito de acceso á información pública.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar