A Xunta compromete fondos públicos para conseguir a moción de censura de Tui

A Xunta compromete fondos públicos para conseguir a moción de censura de Tui

A Xunta compromete fondos públicos para conseguir a moción de censura de Tui

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe á Xunta de comprometer fondos públicos para garantir a moción de censura de Tui, na que o PP respaldou a un alcalde dun partido con só dous concelleiros. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno celebrado hoxe no Parlamento de Galicia.

A responsable socialista censurou que o propio alcalde, que substitúe ao socialista Enrique Cabaleiro, afirmou que “recoñezo que o pacto alcanzado co resto de grupos da oposición inclúe compromisos de investimento que deberían agradar e non molestar, ou é que hai algún partido en España que non utilice as institucións para favorecer?”. Aludiu así ao acordo entre o secretario xeral do PP e tamén delegado territorial da Xunta en Pontevedra e Converxencia XXI.

Este incluía o compromiso da Xunta e do Goberno central de rehabilitar o Teatro Principal, comprometendo investimento do Goberno de España para rubricar unha moción de censura que incluía entre outras accións a construción dos novos xulgados, que lle foron negados aos socialistas dende as eleccións fundamentais, así como a rotonda da estrada Guillarei – Caldelas.

Asalto á Deputación

Vilán acusou ademais ao PP de “amañar en dous anos o asalto á Deputación de Pontevedra que perderon por primeira vez na historia” co cambio de signo de catro concellos, ademais da fusión de Cerdedo e Cotobade, que supuña alterar os partidos xudiciais de Pontevedra.

Lembrou que o 13 de novembro de 2015, o PP presentaba unha moción de censura en Oia contra o goberno do PSdeG, como fixo o 10 de maio de 2016 en Pontecesures e onte mesmo en Tui. En maio deste ano, engadiu, realizaban unha moción de censura “encuberta” para que o PP volvera á alcaldía de Sanxenxo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar