A Xunta debe colaborar co goberno central para facilitar o asentamento dos refuxiados do Aquarius

A Xunta debe colaborar co goberno central para facilitar o asentamento dos refuxiados do Aquarius

A Xunta debe colaborar co goberno central para facilitar o asentamento dos refuxiados do Aquarius

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que colabore co goberno central na acollida en Galicia dos refuxiados e refuxiadas do buque Aquarius. Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces, que se celebrou esta mañá no Parlamento de Galicia.

O responsable socialista urxiu á colaboración co goberno central de tódalas administracións, tanto locais como autonómicas, para dar unha saída a esta situación humanitaria de emerxencia e acoller aos 629 refuxiados que veñen de ser rexeitados polo seu primeiro destino, en Italia.

Xoaquín Fernández Leiceaga sinalou que a iniciativa do goberno presidido por Pedro Sánchez de ofrecer Valencia como porto refuxio supón unha “chamada de atención aos estados da UE” sobre a necesidade de artellar unha solución global ao drama das migracións, sinaladamente procedentes de África”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar