A Xunta cambia a Lei de Saúde "ás agochadas" para "consolidar unha sanidade de primeira e de segunda"

A Xunta cambia a Lei de Saúde "ás agochadas" para "consolidar unha sanidade de primeira e de segunda"

A Xunta cambia a Lei de Saúde “ás agochadas” para “consolidar unha sanidade de primeira e de segunda”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe á Xunta de “lexislar ás agochadas para consolidar unha sanidade de primeira e de segunda”. Así o dixo no debate dunha interpelación para reclamarlle ao goberno galego que pare coa reforma da Lei de Saúde coa que consolidan a perda de servizos na sanidade pública para beneficiar á sanidade privada.

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que se poña “ao lado da cidadanía” que reclama unha sanidade pública de calidade en lugar de amparar ás subdelegacións do Goberno que hoxe enviaron ás forzas de seguridade a “intimidar” aos traballadores dos centros concentrados hoxe.

Aludiu así á situación que se viviu hoxe no Hospital do Salnés, onde foi enviada a Policía Nacional a tomar imaxes dos manifestantes e “tomar nota” das súas peticións, a favor de manter a área sanitaria ameazada pola nova Lei, xunto coas de A Mariña, Lemos e Valdeorras.

Criticou a “covardía e medo” demostrados polo goberno galego ao presentar unha modificación da lei fundamental do Sistema Galego de Saúde “sen avisar, sen explicar e en pleno período de vacacións”.

Puntualizou que “o compromiso do PP coa democracia é o que a homeopatía á medicina”, e sinalou ao conselleiro que “perdeu a oportunidade de ser valente, non perda a oportunidade de explicar por que queren facer isto”.

Acusou ao goberno galego de demostrarse “ineficiente e desalmado” cunha reforma legal –a sexta en nove anos sobre a Lei de 2008- que ademais de reducir servizos quere suprimir a participación no Consello Galego de Saúde. Alertou que esta reforma provocará a “mobilidade forzosa” dos traballadores dos hospitais comarcais de cara aos grandes hospitais, demostrando que “queren trincar os dereitos dos traballadores”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar