A Xunta busca xustificacións polas sancións contra percebeiros

A Xunta busca xustificacións polas sancións contra percebeiros

A Xunta busca xustificacións polas sancións contra percebeiros

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao goberno galego de “buscar criterios para xustificar” as sancións contra os percebeiros que teñen que faenar a pé cando as condicións climáticas lles impiden utilizar as embarcacións. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Pesca celebrada hoxe no Parlamento de Galicia.

O responsable socialista sinalou que a Regulación de Explotacións do goberno galego determina que nos casos de zonas nas que coincida a extracción a pé e mediante embarcación, todos eles poderán acceder por terra “cando o mal tempo dificulte o uso da embarcación”. Así sucede no pósito de Baiona, onde a pesares desta circunstancia os percebeiros con barco están a recibir sancións impulsadas pola Confraría.

Torrado criticou a falla de criterio do goberno galego á hora de xustificar estas sancións, e lembrou que a legalidade ampara aos traballadores, por canto é o capitán da embarcación o que decide cándo as condicións climáticas impiden sacar o barco. Neste sentido, reclamoulle ao goberno galego que defenda o criterio do responsable da embarcación, xa que é unha “cuestión de seguridade que debe ser prioritaria”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar