A Xunta bloquea o Plan Director para a recuperación do Parque de Cotorredondo

A Xunta bloquea o Plan Director para a recuperación do Parque de Cotorredondo

A Xunta bloquea o Plan Director para a recuperación do Parque de Cotorredondo

A deputada socialista María Pierres reclamoulle hoxe ao goberno galego que “cumpra cos seus compromisos cos concellos de Marín e Vilaboa e elabore canto antes un plan director para a recuperación do parque de Cotorredondo”. A deputada socialista visitou hoxe a Lagoa de Castiñeiras onde presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar a dinamización deste espazo natural.

A responsable socialista lembrou os reiterados compromisos e convenios asinados polo goberno galego cos concellos que integran este parque, así como con diferentes colectivos sociais, o que non impediu o abandono do recurso. O enclave natural, dixo, amosa hoxe cercados derrubados, maleza, camiños intransitables, instalacións pechadas e abandonadas, sinalización deficiente e viais intransitables.

Pierres coincidiu cos representantes das comunidades de montes de Santa Cristina de Cobres e de Vilaboa, que a acompañaron na visita, xunto co alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro, en que a situación do maior parque de esparcemento da provincia, historicamente un centro de encontro e de desfrute da natureza, deriva do “ínfimo mantemento e investimento realizados nos últimos anos”.

Ademais criticou o “agravio comparativo” coa marxe de Vilaboa da lagoa, por canto a parte de Marín recibiu uns novos asadoiros que aínda non foron tramitados para a marxe de Vilaboa logo de ano e medio de espera.

Por iso reclámalle ao goberno galego que elabore un plan director que “analice as carencias actuais” do parque, dote de servizos e funcións ás edificacións e instalacións do parque. Urxe a “planificar no tempo as actuacións de rehabilitación, construción, limpeza, recuperación medioambiental e mantemento precisas”, dotando do orzamento preciso para o ano 2018 e seguintes.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar