A Xunta "apuntilla ao modelo sanitario" quitándolle servizos sanitarios aos hospitais comarcais

A Xunta "apuntilla ao modelo sanitario" quitándolle servizos sanitarios aos hospitais comarcais

A Xunta “apuntilla ao modelo sanitario” quitándolle servizos sanitarios aos hospitais comarcais

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao goberno galego de “apuntillar ao modelo sanitario” coa proposta de reforma da Lei de Saúde. Así o dixo no debate dunha moción socialista na que lle reclamaba á Xunta retirar unha modificación para “quitarlles servizos sanitarios” aos hospitais de Burela, Salnés, Monforte e Valdeorras, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista cualificou a proposta de reforma de “exercicio de covardía profunda” ao presentar o texto en pleno verán, vetar a continuación o debate no Parlamento e renunciar a comparecer para explicar a modificación. Esta, dixo, “nin foi proposta no seu programa electoral, nin foi presentada no debate de Investidura nin foi explicada polo conselleiro”.

Acusounos de reformar a norma “ás agochadas porque teñen mala conciencia”, evidenciando “pouquiña alma e pouco corazón” á hora de xestionar a sanidade pública “de forma ineficaz e ineficiente”. A pesares desta vontade escurantista, dixo, a reforma provocou máis de 1.500 alegacións e unha ampla mobilización nos centros afectados.

Esta é sen embargo a sexta modificación dunha Lei que supón unha “reforma de facto” da Lei máis importante da saúde pública, aprobada en 2012 co voto en contra do PP, dirixida a “apuntillar ao modelo sanitario en base á participación por decreto”, cando 10 dos 18 artigos que modifican apelan a un desenvolvemento posterior por decreto.

Servizos

Torrado acusou ao PP de buscar “afastar servizos e reducir recursos” ao suprimir as áreas sanitarias de Burela, Salnés, Monforte e Valdeorras, en favor dos hospitais centrais. Dixo que o goberno galego consolida a perda de servizos para estes centros, en prexuízo dos pacientes, que teñen que soportar que en Valdeorras unha cita para rehabilitación solicitada o 16 de agosto fora concedida para o 26 de novembro de 2018.

O mesmo sucede en Burela, onde o 24 de agosto solicitábase unha cita para cardioloxía concedida para o 8 de novembro de 2018, ou unha de dermatoloxía, solicitada o 1 de setembro que foi concedida para o 3 de maio.

Sinalou tamén o caso dunha paciente co fémur fracturado que foi ao Hospital do Salnés, dende onde a derivaron á Clínica Domínguez, privada e en Pontevedra, porque non había anestesistas substitutos e porque non tiña praza para o postoperatorio. A paciente foi operada unha semana máis tarde durante a cal, explicou Torrado, a terceira planta do Salnés foi empregada como plató para rodar unha serie de televisión.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar