A Xunta apoia e defende a un goberno que reduciu os investimentos de Fomento nun 96 por cento

A Xunta apoia e defende a un goberno que reduciu os investimentos de Fomento nun 96 por cento

A Xunta apoia e defende a un goberno que reduciu os investimentos de Fomento nun 96 por cento

A portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, María Pierres, acusou hoxe ao goberno galego de “apoiar e defender a un goberno –o de Rajoy- incumpridor e desleal con Galicia”. Así o dixo no debate dunha interpelación na que denunciou a drástica caída de investimentos do Ministerio de Fomento en Galicia, que pasou de 288,6 millóns en 2016 a 11,6 en 2017, un 96 por cento menos.

A responsable socialista criticou a “incapacidade de Feijóo” á hora de defender os intereses os galegos e galegas fronte ao “evidente menosprezo” do Executivo, un presidente da Xunta ao que presentou invadido pola “desidia e a falta de motivación á fronte do goberno galego”. Advertiu que nos dous últimos anos deixaron de executarse 1.300 millóns de euros en Galicia, o equivalente a 15.000 postos de traballo.

Pierres citou os datos da Federación Galega da Construción, quen apunta o “desplome” da licitación de obra pública en Galicia, pasando de 500 millóns en 2016 a pouco máis de 100 en 2017, mentres Seopan apunta que o Estado licitou en Galicia menos do 3 por cento do total do Estado.

Criticou neste sentido que Galicia sexa excluída do Plan Extraordinario de investimento en Estradas do Ministerio de Fomento, que non destinará un só euro dos 2.200 previstos para o próximo ano e medio. Acusou á Xunta de “negar o evidente e enrocarse na defensa do goberno central que ten un trato desastroso con Galicia e un inxustificable desplome nos seus investimentos”.

Pierres lembrou as intervencións urxentes que necesita Galicia en materia de estradas, como son o novo trazado de 10 quilómetros na A-55 Porriño – Vigo, así como o enlace da A-74 coa A-8 entre San Ciprián e Barreiros, ou a conexión coa futura A-59 entre Peinador e Vilaboa. Apuntou tamén ás autoestradas libres de peaxe A-56 entre Ourense e Lugo, a A-57 Ponteareas – Pontevedra ou a A-76 de conexión Ourense – Ponferrada.

Marxinación

A parlamentaria socialista augurou “negra sombra e negro futuro para Galicia” mentres o goberno galego continúe amparando a marxinación de Galicia nas políticas de Fomento e do goberno de Rajoy. Neste sentido, sinalou que o Ministerio ten reducido a media anual de adxudicacións en 430 millóns de euros anuais, dende os 700 millóns dos gobernos de Zapatero aos 331 de Rajoy.

De acordo coa patronal da construción –Seopan-, o total de investimentos do Estado en Galicia teñen baixado dende os 1.160 millóns anuais dos gobernos socialistas aos 540 millóns de euros anuais do PP.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar