A Xunta apenas destina 4.000 euros por cada Concello para a colaboración no fomento do emprego

A Xunta apenas destina 4.000 euros por cada Concello para a colaboración no fomento do emprego

A Xunta apenas destina 4.000 euros por cada Concello para a colaboración no fomento do emprego

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, cualificou hoxe de “totalmente insuficiente” a liña de axudas da Xunta para fomento do emprego en colaboración coas entidades locais. Explicou que a Xunta tan só destinou 1,3 millóns de euros a esta partida no ano 2017, o que supón pouco máis de 4.000 euros por concello.

Estas partidas tan só permiten contratar a unha persoa durante 3 meses a tempo completo ou 6 a tempo parcial, un tempo “insuficiente para acadar a formación profesional que favoreza a súa inserción laboral”.

Por iso presentou unha proposición non de Lei para incrementar estas axudas ata 10 millóns de euros, establecendo ademais un período mínimo de 6 meses para contratos a tempo completo e 12 a tempo parcial, que foi rexeitada polo PP. Instounos a que “segan o exemplo da Deputación de A Coruña, que destina 3 millóns de euros, 36.585 por concello, especificando por escrito os beneficiarios e as contías que lles corresponden.

Rodríguez Rumbo reclamaba ademais que a convocatoria das axudas se realizara no mes de decembro “co fin de que as entidades locais poidan facer a programación das obras ou servizos de interese xeral e social coa antelación necesaria”.

Sen executar

Lamentou o veto do PP a esta iniciativa, que evidencia que as súas políticas de axuda á empregabilidade son “pura maquillaxe, publicidade e propaganda”, cando deixan sen executar unha parte imporante das partidas. Explicou que a Xunta deixou sen executar 100 millóns de euros para promoción do emprego no exercicio 2016, “chegando só ao 60 por cento de cumprimento dos seus compromisos”.

Explicou que “este feito demostra un total desprezo pola situación límite que están a padecer un número de persoas no noso país, así como unha falla de compromiso e iniciativa co desenvolvemento de Galicia”. Ademais, engadiu, o Programa de Fomento da Empregabilidade, en concreto, deixou sen executar 49 millóns en 2016, o que supón o 50 por cento.

Criticou que “convocan poucas axudas, executan menos da metade, non son transparentes e só axudan en función da cor política dos concellos e non das necesidades obxectivas para o fomento da empregabilidade”.

Acusou ao goberno galego de obviar que “temos unha taxa de risco de pobreza dun 16,95 por cento, contamos co terceiro salario medio máis baixo de España, de acordo cos datos do INE, tan só por enriba de Estremadura e Canarias”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar