A Xunta anuncia o último día de curso o peche de tres centros educativos en Outes, As Pontes e Ribadavia

A Xunta anuncia o último día de curso o peche de tres centros educativos en Outes, As Pontes e Ribadavia

A Xunta anuncia o último día de curso o peche de tres centros educativos en Outes, As Pontes e Ribadavia

O portavoz de Educación do Grupo socialista, Luis Álvarez, presentou hoxe unha interpelación polo peche de centros educativos en Outes, As Pontes e Ribadavia decretado polo goberno galego no último día de curso escolar. O responsable socialista criticou unha “decisión unilateral sen consulta previa coa comunidade educativa”.

O responsable socialista presentou hoxe, xunto con En Marea e BNG, unha solicitude de comparecencia para que o conselleiro de Educación dea conta desta situación no Parlamento. Criticou que o conselleiro teña “agochado” esta decisión “gravísima, que afecta a centos de familias” das tres localidades, e que “nin sequera tivo a ben mencionala na súa comparecencia diante do Pleno, apenas dous días antes de que coñecéramos a noticia.

De acordo cos medios de comunicación, a Xunta reconverte o CPI Tomás de Lemos de Ribadavia nun centro de Infantil e Primaria, co que o alumnado da ESO pasará a integrarse no IES O Ribeiro.

Do mesmo xeito, pecha o CPI Monte Caxado de As Pontes, e os alumnos de infantil e primaria serán derivados ao CEIP A Magdalena e os de secundaria ao IES Moncho Valcarce. Mentres, en Outes, a xefatura territorial da Xunta decreta o peche do Emilio de Navasqués sen previo aviso.

O responsable socialista esíxelle ao goberno galego que garanta se os únicos concellos que se van ver afectados serán os de Outes, As Pontes e Ribadavia, ou se polo contrario vai replicar esta decisión noutros concellos galegos. Quere saber ademais “por qué se tomou esta decisión naqueles concellos”, e reclámalle que expoña “os criterios e planificación” para estes peches, puntualiza, “no caso de que exista”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar