A Xunta antepón os intereses de Villar Mir aos da Costa da Morte

A Xunta antepón os intereses de Villar Mir aos da Costa da Morte

A Xunta antepón os intereses de Villar Mir aos da Costa da Morte

A deputada socialista Loli Toja acusou hoxe ao Goberno galego de defender os intereses de Villar Mir no proceso de segregación e venda das centrais de Ferroatlántica na Costa da Morte. A deputada socialista presentou unha pregunta oral na sesión de control do Pleno do Parlamento na que reivindicou un goberno que “vele polos intereses dos galegos e galegas.

A deputada da Costa da Morte criticou a “falla de humanidade” do goberno galego diante dos centos de familias “preocupadas e vivindo o proceso sometidas á anguria e á incertidume”. Estas familias, engadiu, están “fartas” de soportar ata a “ameaza” de levar o proceso aos tribunais, e un goberno “sometido á chantaxe dun empresario” que presenta un Plan de Viabilidade que caduca a 30 de maio.

Toja comezou presentando a publicación, hoxe no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, do anuncio de escisión da empresa, o que sinalou como “unha táctica xurídica para saltar a lei” por parte dunha empresa que “vai dando os seus pasos para acadar a segregación e venda das centrais”.

Lamentou que “non podemos confiar neste goberno”, presidido por quen o 20 de setembro anunciaba un plan de investimento de Ferroatlántica en Sabón agochando que estaba ligado á venda das centrais de Cee e Dumbría. O mesmo goberno, dixo, que mentres públicamente negaba a posibilidade da segregación encargábase de “pedir informes técnicos e xurídicos para facilitarlle o camiño a Villar Mir”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar