A Xunta agocha os datos sobre infartos que apuntan á necesidade de implantar hemodinámica 24 horas en Lugo

A Xunta agocha os datos sobre infartos que apuntan á necesidade de implantar hemodinámica 24 horas en Lugo

A Xunta agocha os datos sobre infartos que apuntan á necesidade de implantar hemodinámica 24 horas en Lugo

A deputada socialista Concepción Burgo acusou hoxe ao goberno galego de agochar deliberadamente os datos do Rexistro Galego do Infarto por provincias que explican a urxencia de implantar o servizo de Hemodinámica 24 horas no Hospital Lucus Augusti. A parlamentaria luguesa presentou unha pregunta oral en Comisión na que reivindicou este servizo comprometido por Feijóo en 2011.

Burgo anunciou hoxe unha petición formal dende a Cámara lexislativa para que o goberno galego entregue estes datos, logo de que a Xunta tan só fixera público o primeiro informe, en marzo de 2016, e non os 3 posteriores. Aqueles datos, lembra, indicaban uns tempos de espera para anxioplastia de 3 horas, cndo os cardiólogos recomendan 90 minutos.

Considera “unha broma de mal gusto” que o goberno galego diga que non vai implantar hemodinámica 24 horas porque Galicia non chega ao 5 por cento de mortalidade por infarto, e preguntou “cantos mortos teñen que ter Lugo e Ourense para que reciban os mesmos servizos que o resto”.

Apuntou que “cremos que a diferenza é tan ampla como quedara de manifesto en 2016, cando os enfermos de Lugo tardaban 80 minutos máis en recibir tratamento que os de Santiago e A Coruña”.

Acusounos de “non ter intención de poñer o servizo no Hospital Lucus Augusti a pesares das recomendacións da Sociedade Española de Cardioloxía”, en base aos parámetros poboacionais e o número de infartos rexistrados e que se cumpren sobradamente na provincia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar