A Xunta agocha a convocatoria do plan Camgal de prevención de contaminación por cinzas

A Xunta agocha a convocatoria do plan Camgal de prevención de contaminación por cinzas

A Xunta agocha a convocatoria do plan Camgal de prevención de contaminación por cinzas

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, esixiulle hoxe ao goberno galego que “constate a activación do Plan Camgal de protección das rías fronte ás cinzas provocadas polos incendios”. No debate dunha pregunta oral en Comisión, lembrou a obriga de transparencia do goberno galego en base á normativa estatal –Lei 27/2006- e europea Regulamento 1380/2013.

Toja sinalou que as autoridades están “obrigadas á difusión e información medioambiental da maneira máis activa e sistemática posible, e as autoridades autonómicas están obrigadas a promover a maior accesibilidade aos datos”. A pesares disto, dixo, as conclusións do Consello da Xunta de 16 de outubro, despois da vaga de lumes, non é público, e o documento de activación do Camgal “non aparece por ningunha parte”.

A responsable socialista cualificou de “auténtica chafallada” as explicacións do goberno galego, que hoxe sinalou que o Plan Camgal activábase “cunha chamada ao 112”. Advertiu que os concellos afectados descoñecen a día de hoxe que medidas se puxeron en marcha e “nin sequera saben a quen teñen que chamar no momento en que detecten a chegada das cinzas ás súas costas”.

Lei de Portos

A Comisión de hoxe debateu tamén o proxecto de Lei de Portos de Galicia, que será tratado a continuación no Pleno do Parlamento, e que incorpora 19 das 117 emendas presentadas polos socialistas galegos, incluíndo a obriga de Portos a facer un informe sobre os contratos que teña asinado.

Toja saudou a aprobación desta proposta que “dota de máis transparencia” a estas entidades, pero que “non resolve os problemas que provoca unha lei concibida para ofrecer barra libre ás concesións públicas nas entidades portuarias.

Mesmo sinalou que con esta norma “pretenden crear reinos independentes dentro dos concellos”, ao permitir a reasignación de usos dos terreos portuarios, obrigando aos gobernos locais a incorporalo aos seus plans urbanísticos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar