A Xunta actúa de forma "vergonzante e covarde" ao reformar a Lei de Saúde

A Xunta actúa de forma "vergonzante e covarde" ao reformar a Lei de Saúde

A Xunta actúa de forma “vergonzante e covarde” ao reformar a Lei de Saúde

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe a estratexia “vergonzante e covarde” da Xunta para levar adiante a reforma da Lei de Saúde iniciando o proceso en pleno verán. O responsable socialista censura que o conselleiro permaneza “desaparecido” e esixe as explicacións “que nunca existiron” para un “proxecto perigoso” para a sanidade pública.

Urxe así ao conselleiro a que compareza na Cámara autonómica para “dar a cara” e advirte que do contrario levará iniciativas parlamentarias ao primeiro Pleno de setembro para obrigar ao debate. Torrado presentou hoxe unha interpelación e unha proposición non de Lei na que reclama a retirada do anteproxecto e a creación dun grupo de traballo que traballe conxuntamente para propoñer melloras para o sistema sanitario galego.

Os socialistas galegos toman así a iniciativa “diante da inactividade do PP e a súa falla de iniciativa”, que “como as malas reposicións de series do verán, volve amosar a súa faciana máis clásica, vergoñenta e escurantista”.

Alta contestación

O responsable socialista sinala a alta contestación que está a recibir este anteproxecto, que malia ter sido presentado en agosto xa está achegándose ao milleiro de alegacións no Portal de Transparencia da Xunta. Recorda neste sentido que outros textos como a Lei de Farmacia recibiu entre 15 e 20 alegacións en total.

Os socialistas galegos, sinalou, atópanse neste momento traballando conxuntamente coas xuntas de persoal das áreas sanitarias para preparar as mobilizacións dos profesionais da sanidade pública e da sociedade en xeral “en defensa dun sistema que está a ser claramente atacado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar