Xulgados especializados en violencia de xénero nas principais cidades de Galicia

Xulgados especializados en violencia de xénero nas principais cidades de Galicia

Xulgados especializados en violencia de xénero nas principais cidades de Galicia

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou xulgados especializados en Violencia de Xénero nas principais cidades galega, que completen o actual mapa, limitado á Coruña e Vigo. A responsable socialista presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para completar o “insuficiente” reforzo dos medios xudiciais anunciado recentemente polo goberno galego.

A responsable socialista reclama ademais acompañamento xudicial personalizado para axudar ás vítimas no proceso, así como as reformas necesarias nas dependencias xudiciais para evitar o cruce entre vítimas e agresores, así como a dotación do persoal necesario. Tamén solicita máis formación específica e periódica en violencia de xénero a tódolos sectores da Xustiza en Galicia.

anima á Xunta a levar a voz unánime de Galicia ao Ministerio de Xustiza para “reclamar o que nos corresponde”, como son novos maxistrados nas salas da Audiencia de Lugo e de Pontevedra en Vigo, ademais de tres novos xulgados do Social para Santiago, Vigo e Lugo e outro de Primeira Instancia para A Coruña.

Patricia Vilán lamenta que o entusiasmo do vicepresidente da Xunta ao anunciar cinco novas prazas para o primeiro trimestre de 2017 non incluíra as “imperiosas necesidades” que requiren os principais xulgados de Galicia para rematar co colapso e garantir un servizo digno á cidadanía.

Oficina xudicial

A deputada socialista reclámalle tamén ao goberno galego que tome “medidas urxentes para que a nova oficina xudicial estea implantada nos xulgados das 7 cidades galegas e en tódolos órganos cabeceira de partido xudicial antes de que remate 2016”. Vilán presentou unha proposición non de Lei na que sinala que “necesitamos unha administración de xustiza moderna, esencial para consolidar o Estado de Dereito e mellorar a calidade da nosa democracia”.

Sinala que “se a oficina xudicial existira, tamén existiría a centralización de servizos comúns e a imprescindible modernización tecnolóxica”. Advirte da imperiosa necesidade dunha xustiza “totalmente informatizada, onde os operadores xurídicos e as distintas instancias da oficina xudicial se comuniquen entre si e coa oficina fiscal a través da rede informática”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar