O PP veta xulgados especializados en violencia de xénero nas principais cidades de Galicia

O PP veta xulgados especializados en violencia de xénero nas principais cidades de Galicia

O PP veta xulgados especializados en violencia de xénero nas principais cidades de Galicia

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, propuxo hoxe un “gran pacto contra a violencia contra a muller”. Así o dixo no debate dunha proposta socialista no Pleno do Parlamento para dotar ás grandes cidades de xulgados específicos e poñer en marcha o acompañamento xudicial especializado, que foi vetada polo PP.

A responsable socialista sinalou que “a xustiza ten moito que dicir na loita contra a violencia machista, unha das peores lacras da nosa sociedade que lonxe de se reducir, repunta”. Vilán aludiu aos dous asasinatos de mulleres rexistrados en Galicia no final do ano e ás 15 denuncias recollidas cada día nos xulgados de Galicia.

Vilán sinalou que “pese ao incremento dun 5,9 por cento de denuncias no primeiro semester de 2016, en Galicia só hai 2 xulgados específicos de Violencia contra a Muller –en Vigo e en A Coruña”. Lamentou que o recente anuncio do vicepresidente da Xunta e o presidente do TSXG, das cinco novas prazas xudiciais previstas para o primeiro trimestre de 2017, ningunha estea destinada á loita contra a violencia de xénero.

Criticou a falla de interese demostrada polo PP neste asunto, e puxo como exemplo a redución dos orzamentos de Igualdade dende os 60 millóns do último presuposto elaborado polo goberno de Touriño, en 2009, ata os 13 millóns que lle destinará Feijóo en 2017.

Lamentou que o PP quixera “descafeinar” a proposta socialista a través dunha emenda deseñada para rebaixar a iniciativa, renunciando a crear xulgados específicos nas principais cidades de Galicia, esquecendo o acompañamento integral ás vítimas, ou adiando a reforma das dependencias xudiciais. A deputada socialista rexeitou a emenda proposta polo PP e propuxo un acordo de transacción coa iniciativa socialista.

Os socialistas reclamaban máis xulgados especializados, a posta en marcha de medidas específicas de apoio ás vítimas para facilitar o seu encontro coa xustiza, a creación de novos xulgados en 2017, reformar os xulgados para evitar os cruces entre vítimas e agresores e incrementar a formación específica e periódica en violencia de xénero en tódolos ámbitos da xustiza de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar