Xulgados de reforzo para as cláusulas chan nas principais cidades de Galicia

Xulgados de reforzo para as cláusulas chan nas principais cidades de Galicia

Xulgados de reforzo para as cláusulas chan nas principais cidades de Galicia

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentará no Pleno desta semana unha proposición non de Lei para reclamar xulgados de reforzo nas principais cidades de Galicia para facer fronte ao previsible aluvión de demandas polas cláusulas chan. Criticou que só se designara un xulgado por cada provincia sen reforzo de medios, anticipando o seu colapso.

Criticou que “o Goberno renunciou á previsión e optou pola improvisación” para designar un número insuficiente de xulgados que, ademais, “xa teñen a súa propia carga de traballo” e que só son apoiados por xuíces “que acaban de rematar a súa formación, e polo tanto sen a necesaria experiencia”. Agora contan cunha “dotación extra de traballo, cando non do imprescindible reforzo técnico, humano e material”.

Reclámalles aos gobernos central e autonómico que atendan ás demandas de tódolos operadores xurídicos, tanto os colexios de avogados como os xuíces decanos, o Consello Xeral da Avogacía ou os traballadores dos xulgados. Considera “incomprensible” que o Executivo renunciara a seguir pola mesma vía que co caso das preferentes, xa que “quedaron a medio camiño, e veremos cómo resulta este operativo”.

Por iso insta á Xunta a que se dirixa ao Goberno central para que permita a creación de sete xulgados de reforzo en Galicia, un para cada unha das principais cidades, que dispoñan dos medios persoais e materiais necesarios. Isto supón poñer ao seu dispor “unha sala con xuíz, un letrado da Administración de xustiza, funcionarios, unha sede e reparto propio”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar