Xubilacións forzosas na sanidade pública agochan un ERE encuberto

Xubilacións forzosas na sanidade pública agochan un ERE encuberto

Xubilacións forzosas na sanidade pública agochan un ERE encuberto

MédicoA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe á Xunta de impoñer un “ERE encuberto” a costa de “xubilacións forzosas” de profesionais sanitarios. Acuña presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade de hoxe na que acusou ao goberno galego de provocar o deterioro do sistema para facilitar a súa privatización.

Dixo que a Xunta aplica criterios diferentes segundo o caso o que os e as profesionais definen como “xubilacións á carta”, pois “deixan quedar so a aquelas persoas amigas que lles resultan útiles nos procesos de privatización emprendidos”.

A deputada socialista advertiu que a “perda cualitativa e cuantitativa” na sanidade pública galega “sen ter en conta que a nosa Comunidade Autónoma ocupa xa a posición número 11 dun total de 17 no ratio de médicos e médicas por habitante, moi por debaixo da media estatal”. Este é a estratexia do goberno galego, que ademais “prescinde de golpe da xente mais formada, da elite do noso sistema sanitario” que son absorbidos “de moi bo grado” pola empresa privada.

O goberno galego, dixo, ten renunciado ademais a repoñer os sanitarios xubilados,a pesar de ter perdido mais de 800 profesionais da medicina entre 2009 e 2015, mentres os novos profesionais son convidados a emigrar ao bloquear a reposición das prazas perdidas.

Criticou que a Xunta está a rexeitar sistematicamente tódalas solicitudes de ampliación da vida laboral destes profesionais en canto chegan aos 65 anos impedindo a súa continuidade ata os 70 anos.

Esixiulle ao goberno galego que aplique a taxa de reposición do 50 por cento, logo de non chegar ata o momento nin sequera ao 10 por cento, o que, dixo, devolve a atención sanitaria galega aos niveis de “hai 50 anos”, deixando tan só un médico na maioría dos centros de saúde do rural.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar