XSG: “Rajoy endurece as condicións das bolsas Erasmus para agochar que quere acabar con elas”

XSG: “Rajoy endurece as condicións das bolsas Erasmus para agochar que quere acabar con elas”

XSG: “Rajoy endurece as condicións das bolsas Erasmus para agochar que quere acabar con elas”

As XSG consideran que o Ministerio de Educación está "xogando ao despiste" co novo reparto das bolsas Erasmus para ocultar o grave retallo que está realizando nestas

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) aseguraron hoxe que o Ministerio de Educación está "xogando ao despiste" co novo reparto das bolsas Erasmus anunciado hoxe pola Secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio, para ocultar así, o grave retallo que está realizando curso tras curso, nestas bolsas.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, criticou que “o goberno de Mariano Rajoy publique pola porta de atrás unhas novas condicións para adquirir a bolsa e intente agochar o retallo do 50% nesta partida, deixándoa en tan só 18 millóns de euros. Esta medida –lembrou- non só tivo unha gran resposta do estudantado galego, senón que irritou a Europa que afirmou que o orzamento para España subiría un 4,3% no vindeiro curso e até un 60% até 2020 e que se se reducía o número de benficiarios sería por decisión do Gobernio español”

Os mozos/as socialistas expuxeron que “se lle esixe una os seus estudosn que "é incomprensible que o Ministerio pida un nivel B2 para a concesión de ditas bolsas cando o alumnado comeza a carreira universitaria, mentres cando remata os seus estudos se lle esixe un nivel B1. Polo tanto, consideramos que o máis lóxico sería seguir mantendo a esixencia do nivel B1, xa que é suficiente para o desenvolvemento dunha vida académica nun país de idioma estranxeiro e para que os estudantes teñan a oportunidade de mellorar as súas competencias en dito idioma.”

Dende a Organización explicaron que este nova reforma “pon una traba máis para que a educación siga sendo de calidade e que a poidan desfrutar todos e todas e non soamente os que a poidan costearse. Pouco a pouco este Goberno está a restrinxir o acceso a estas bolsas para que o estudantado non poida ter acceso, e así, unha vez máis, destruír o noso sistema educativo.”

Bouza concluíu esixíronlle ao Sr. Feijoo que deixe de encubrir a Rajoy e Wert mentres acaban coa educación pública e defenda os intereses dos e das estudantes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar