XSG: “Rajoy arrebataralle a bolsa Erasmus a tres de cada catro alumnos e alumnas de Galicia”

XSG: “Rajoy arrebataralle a bolsa Erasmus a tres de cada catro alumnos e alumnas de Galicia”

XSG: “Rajoy arrebataralle a bolsa Erasmus a tres de cada catro alumnos e alumnas de Galicia”

O secretario xeral alertou que “en Galicia os datos son desoladores, o 66% do estudantado galego perderán a axuda para estudar no estranxeiro, o que é o mesmo 3 de cada 4 alumnos/as galegos quitaranlles a bolsa Erasmus.”    
 
A Organización xuvenil anunciou que dende as Juventudes Socialistas de España se recorrerá ante a Audiencia Nacional o retallo das Bolsas Erasmus

 
XSGAs Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron hoxe a Orde publicada no BOE o pasado día 29 de outubro polo Goberno do Sr. Rajoy, a Orde pola que se establece que todos aqueles estudantes Erasumus que o pasado curso non foran beneficiarios da bolsa xeral do MECD, non recibirán este curso a súa bolsa Erasmus.
 
O secretario xeral, Aitor Bouza, acompañado do secretario de educación, Eduardo Parcero, expuxo que “hai máis de 30.000 mozos/as que cada ano pode estudar na universidade doutro país da Unión Europea grazas ás bolsas erasmus, e con esta medida, Wert e Rajoy deixarán sen axuda á maioría dos Erasmus unha vez iniciado o curso.”
 
Bouza expuxo que “é completamente indecente que o Goberno actúe con esta nocturnidade e alevoisía, deixando na estacada e por sorpesa a milleiros de estudantes que xa iniciaron o curso no seu país de destino.” “Os Erasmus- continuou- que xa se atopan estudando no estranxeiro contaban cos 150€ que aproximadamente cobraban cada mes, agora a súa estancia alí corre perigo para moitos deles, xa que o Goberno destrozou as súas expectativas e quizais teñan que retornar aos seus fogares.”
 
Os mozos/as socialistas explicaron que “se trata doutra cacicada máis do ministro Wert e Rajoy, na que como sempre, os prexudicados son os colectivos máis vulnerables, neste caso: os estudantes. O Goberno volve a atacar o ensino público, esta vez, impedindo que milleiros de estudantes poidan complementar e mellorar a súa formación nun país estranxeiro.”
 
Bouza ironizou que “co Partido Popular descubrimos que hai algo peor que retallar nas bolsas, retallas unha vez que se condeceron. Pagar as bolsas Erasmus si que foi un pagamento simulado do Partido Popular. Primeiro concédenas e logo quítanas.” “Consideramos de vergoña que mentres os gobernos do Partido Popular cunha man eliminan as bolsas Erasmus, coa outra financian colexios que segregan por sexos e suprimen a gratuídade dos comedores a máis de 8.000 escolares galegos – continuou expoñendo”
 
Dende a Organización expuxeron que “unha vez máis o goberno rancio da dereita demóstranos que é ideoloxía pura e dura, que eles pensan que fomos europeos por riba das nosas posibilidades porque sen dúbida o que desexan realmente é que Europa volva a comezar nos Pirineos.” “Todos este retallos, o PP chámao "recuperación". Nós chamámolo estafa.”
 
O secretario xeral alertou que “en Galicia os datos son desoladores, o 66% do estudantado galego perderán a axuda para estudar no estranxeiro, o que é o mesmo 3 de cada 4 alumnos/as galegos quitaránlles a bolsa Erasmus.” Preguntouse se non lle parecen suficienten estes datos ao Sr. Feijoo para erguerse contra esta Orde completamente inxusta e desoladora para milleiros de familias.
 
Aproveitaron para reivindicar que “mentres o Sr. Wert e o Sr. Rajoy dedícanse a rachar por completo a igualdade de oportunidades, así como sistema de benestar, a Xunta de Andalucía destina ás bolsas Erasmus para andaluces e andaluzas 15.000.000€, o mesmo que Rajoy para toda España. Esa é a diferenza entre as políticas do Partido Popular e o Partido Socialista.”
 
En relación coas declaración das Novas Xeracións nas que afirmaron que quitar as bolsas Erasmus está ben, pero non agora, denunciou Bouza Manso que “menos palabrería e máis acción” contrapoñendo que “os socialistas defendemos que quitar as bolsas Erasmus non está ben, nin agora nin nunca.” Mostrouse esperanzado en que “se tan preocupados están por esta medida que en vez de tanto comunicado se sumen ás mobilizacións convocados polos sindicatos e loiten polos dereitos do estudantado.”
 
O mozos/as socialistas remataron esixindo ao Goberno de Rajoy e Wert a retirada da Orde pola que se deixará sen a súa bolsa a milleiros de estudantes Erasmus. Así mesmo, anunciaron que apoiarán e participarán nas mobilizacións que se convocarán no día de hoxe polos sindicatos estudantís.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar