XSG inician a campaña de recollida de 15.000 sinaturas para defender o Noitebús

XSG inician a campaña de recollida de 15.000 sinaturas para defender o Noitebús

XSG inician a campaña de recollida de 15.000 sinaturas para defender o Noitebús

A secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, María Torres anunciou o inicio da campaña de recollida das 15.000 sinaturas para elevar ao Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), que ten como obxectivo prioritario esixirlle á Xunta de Galicia que implante o servizo do Noitebús e rectifique a súa política de “criminalización, abandono e retirada de dereitos da nosa mocidade.”

Neste senso lembrou que o pasado 18 de xaneiro as Xuventudes Rexistraron no Parlamento de Galicia, unha Iniciativa Lexislativa Popular “Para a mellora da convivencia e o desenvolvemento saudable do ocio nocturno galego”, que foi admitida a trámite pola Mesa do Parlamento de Galicia.

María Torres, sinalou que “o obxectivo deste iniciativa é conseguir volver por en funcionamento o servizo de Noitebús inxustamente retirado pola Goberno Galego alegando motivos económicos, que non son certos”. Deste xeito, a secretaria das Xuventudes alegou que “só no primeiro semestre do 2010 o Goberno de Feijoo gastou máis en propaganda institucional do que costa financiar o servizo do Noitebús durante un ano enteiro”.

Torres denunciou tamén que “só nun día Feijoo gastou máis na visita do Papa do que custa financiar o servizo ó longo de todo un ano”. “Isto o que demostra é o nulo interese de Feijoo nas políticas de mocidade; unha mocidade invisibilizada e á que só se lle recortan dereitos, sendo totalmente esquecidos ó longo destes dous anos de goberno”, aseverou a responsable socialista.

A responsable das Xuventudes apuntou que “a mocidade debe ser coparticipativa, co decisora, activa, pero sobre todo, unha mocidade responsable, e por isto, utilizamos os instrumento que o Estado de Dereito pon a nosa disposición, neste caso una ILP, para defender dereitos, para facer pospostas, pero sobre todo defender a nosa mocidade”.

Por isto, Torres anunciou que “as XSG mobilizarán a máis de 650 militantes e simpatizantes na recollida de sinaturas, en pro dunha iniciativa lexislativa popular para favorecer un ocio nocturno seguro e responsable, e facer do Noitebús unha realidade”

“Estas 15000 sinaturas servirá para que Feijoo saiba que neste país hai 15000 mozos e mozas que non estamos dispostos a calar”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar