XSG: “Feijóo anuncia as súas vacacións douradas a Xapón mentres silencia a voz da mocidade”

XSG: “Feijóo anuncia as súas vacacións douradas a Xapón mentres silencia a voz da mocidade”

XSG: “Feijóo anuncia as súas vacacións douradas a Xapón mentres silencia a voz da mocidade”

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, expuxo que “son tan bos estes do PP que xa no lo dan todo feito. Considérannos incapaces, como fan coas mulleres e o dereito ao decidir sobre o seu corpo”

Bouza lamentou que “atopémonos ante o presidente da Xunta máis reaccionario e conservador. Nin o Sr. Fraga se atreveu a oprimir á mocidade como o está a facer o actual presidente da Xunta”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) analizaron hoxe en rolda de prensa o regulamento sobre o Consello Consultivo de Xuventude publicado no día de onte pola Xunta de Galicia, sen ter en conta a opinións das Organizacións Xuvenís.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, alegrouse de que tras dous anos dende a publicación da Lei 6/2012 de xuventude de Galicia, se acordaran que a mocidade existe, aínda que lamentou que “non se lembraran de contar con nós para elaborar o texto porque prefiren ternos calados”

Bouza manifestouse abraiado pola rapidez da publicación do Regulamento dende o debate no Parlamento de Galicia a semana pasada dunha proposición non de lei presentada polo PSdeG na que se solicitaba “modificar a Lei 6/2012 para garantir un Consello da Xuventude de Galicia puramente autónomo e independente da estrutura da Xunta de Galicia que sexa administrado, dirixido e xestionado directamente polas Organizacións Xuvenís”. O secretario das XSG argumentou que “sen dúbida, esta PNL fíxoos reaccionar, aínda
que semella incrible que tiveran votado en contra e despois intenten vendernos a independencia do Órgano engadindo a coletiña no texto “sen prexuízo da súa autonomía”.

O dirixente socialista manifestou que “xa comeza o texto no seu artigo 1 cunha paradoxa, porque ten gracia que un Órgano que nace para participar representar e consultar á mocidade nin se teña consensuado con esta. Esa é a política xuvenil que quere levar a cabo o Partido Popular en Galicia. Todo para a mocidade, pero sen a mocidade.”

Bouza ironizou dicindo que “xa o mellor do texto é cando din que destinarán os medios precisos en función da partida orzamentaria. Isto será como o Noitebús ou a Renda Básica de Emancipación que a partida segue existindo a 0€. Isto non é máis que un novo panfleto que pasará no caixón dous anos até que volvamos a presentar outra proposición no Parlamento, como pasou dende que aprobaron a Lei que a foron presentado por todos os Concellos como unha revolución e un avance de milenios e que a día de hoxe nada se fixo.”

O secretario xeral expuxo que “son tan bos estes do PP que xa no lo dan todo feito. Xa nos ditan como nos temos que autorregular. Considérannos incapaces e que non somos quen de facelo nós mesmos, como fan coas mulleres e o dereito ao decidir sobre o seu corpo. Márcannos como, cando e porque nos temos que reunir. Até nos marcan como se teñen que levar a cabo os debates. Non nos marcan a vestimenta que temos que levar de casualidade, iso virá no terceiro texto que aproben que será onde verdadeiramente mostren a súa rancia ideoloxía.”

Bouza continuou detallando que “tamén estipulan os membros que se van a elixir e por se as ovellas se descarrían xa nos impoñen ao secretario do órgano que será unha persoa nomeada pola Consellería que tras comprobar as súas funcións terá máis
competencia que o presidente/a do Órgano. Teñen unha manía persecutoria para impor a súa forma de ver a vida, a súa moral e o seu modelo de sociedade e non se dan conta que a mocidade non comulga con este.”

Bouza Manso informou tamén que “agora, despois de 14 anos deulles por aplicar un decreto do ano 2000 no que se recolle que as Asociacións Xuvenís teñen que actualizar anualmente a súa información no rexistro e dannos até o día 30 deste mes
para facelo. Así, con moita marxe a ver se algúns nos esquecemos e poden mangonear ao seu gusto este novo Órgano tan democrático.” Dende a Organización aproveitaron para destacar que “entendemos que as políticas que está a levar a cabo o Sr. Feijoo sexan do século XV en base ao seu pensamento anacrónico, pero debería comezar a empregar a tecnoloxía do século XXI para manter as relacións cos outros países sen que lle teñamos que pagar todos e todas, as súas vacacións douradas a Xapón. Ao ritmo ao que vai dará a volta ao mundo en cinco anos.”

Bouza concluíu afirmando que “atopámonos ante o presidente da Xunta máis reaccionario e conservador. Nin o Sr. Fraga se atreveu a oprimir á mocidade como o está a facer o actual presidente da Xunta. É normal que non queira escoitar a voz da mocidade porque as políticas de mocidade que está a levar a cabo o seu goberno son de pena, para botarse a chorar. 130.000 mozos/as emigraron dende que o Sr. Feijoo goberna e mentres o único que fai é vender fume e xogar coas esperanzas e o futuro dos galegos e galegas, propoñendo un plan de emprego xuvenil sen partida orzamentaria.“

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar