Xosé Sánchez Bugallo presidirá a Comisión de Economía do Parlamento de Galicia

Xosé Sánchez Bugallo presidirá a Comisión de Economía do Parlamento de Galicia

Xosé Sánchez Bugallo presidirá a Comisión de Economía do Parlamento de Galicia

O parlamentario compostelán Xosé Sánchez Bugallo será o presidente da Comisión de Economía, Facenda e Presupostos do Parlamento de Galicia logo da votación que tivo lugar hoxe na Cámara autonómica. O ex alcalde de Santiago de Compostela ocupará a presidencia desta Comisión, que tradicionalmente é ocupada polo principal grupo da oposición.

Na sesión de constitución das comisións parlamentarias, que tivo lugar hoxe, foron escollidos por votación os membros das mesas destes órganos, compostas por un presidente, un vicepresidente e un secretario. Malia que por votación o posto de secretario corresponderíalle ao PSdeG en tódolos casos, estes cedéronlle 4 das 11 secretarías das mesas a BNG e AGE, dúas a cada un destes grupos.

Abel Losada explicou que a intención dos socialistas galegos é garantir a representatividade de tódolos grupos nos órganos directivos da Cámara, por canto o PP ocupou as presidencias e vicepresidencias de tódalas comisións salvo a presidencia da Comisión de Economía.

O responsable socialista lembrou a intención dos socialistas de cederlle a BNG ou AGE un posto na Mesa do Parlamento –composta por unha presidenta, dous vicepresidentes, un secretario e un vicesecretario- sempre e cando o PP cedera o outro, o cal foi imposible pola negativa dos “populares” galegos.

Membros do Grupo Socialista nas comisións parlamentarias –entre parénteses e en cursiva, as portavocías de área dos diferentes membros-:

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
Vicente Docasar Docasar (secretario da Mesa da Comisión)
Beatriz Sestayo Doce (Presidencia, Administración Pública, Xustiza e Interior)
Marisol Soneira Tajes (Emigración)

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos
Raúl Fernández Fernández (Infraestruturas)
Xosé Sánchez Bugallo (Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda)
Patricia Vilán Lorenzo (Medio Ambiente)

Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Juan Carlos González Santín (Facenda)
Abel Losada Álvarez (portavoz do Grupo socialista)
Xosé Sánchez Bugallo (presidente da Comisión)

Comisión 4ª, Educación e Cultura
Concepción Burgo López (Universidade e Investigación)
Francisco Caamaño Domínguez (Cultura e Lingua; secretario da Mesa da Comisión)
Vicente Docasar Docasar (Educación)

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Carmen Acuña Docampo (Sanidade e Igualdade. Deportes)
Carmen Gallego Calvar (Políticas Sociais, Mocidade, Voluntariado, Cooperación e LGTB. Viceportavoz do Grupo Socialista)
María Quintas Álvarez (Traballo; secretaria da Mesa da Comisión)

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
José Manuel Gallego Lomba (Comercio e Consumo)
José Luis Méndez Romeu (Industria, Turismo e Minas. Viceportavoz do Grupo Socialista)
Beatriz Sestayo Doce

Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes
Raúl Fernández Fernández
Pablo García García (Agricultura)
José Ramón Val Alonso

Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo
Francisco Caamaño Domínguez
José Manuel Gallego Lomba (Portos; secretario da Mesa da Comisión)
José Ramón Val Alonso (Pesca)

Deputación Permanente
Concepción Burgo López (vicesecretaria da Mesa do Parlamento)
Carmen Gallego Calvar (viceportavoz do Grupo Socialista)
Abel Losada Álvarez (portavoz do Grupo Socialista)
Marisol Soneira Tajes (vicepresidenta 2ª da Mesa do Parlamento)
Manuel Vázquez Fernández (presidente do Grupo Socialista)

Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas
Vicente Docasar Docasar
Carmen Gallego Calvar
Juan Carlos González Santín (portavoz)

Comisión Permanente non Lexislativa de Control da Compañía da RTVG
Carmen Acuña Docampo (secretaria da Mesa da Comisión)
Concepción Burgo López
María Quintas Álvarez (portavoz)

Comisión do Estatuto do Deputado
Abel Losada Álvarez (secretario da Mesa da Comisión)

Comisión de Peticións
Patricia Vilán Lorenzo

Comisión do Regulamento
Francisco Caamaño Domínguez
Abel Losada Álvarez
Manuel Vázquez Fernández

Comisión de Asuntos Europeos
Marisol Soneira Tajes (Política Exterior)

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar