Xiro de 180 graos na Xunta para camiñar cara á inclusión, igualdade e xustiza redistributiva

Xiro de 180 graos na Xunta para camiñar cara á inclusión, igualdade e xustiza redistributiva

Xiro de 180 graos na Xunta para camiñar cara á inclusión, igualdade e xustiza redistributiva

O portavoz de política institucional do grupo socialista, Juan Manuel Díaz Villoslada, respostou á comparencia do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, reclamándolle “xirar 180 graos” nas súas políticas e lamentou que o os primeiros pasos do novo mandato e proxecto de Orzamentos para 2017 amosan que “previsiblemente a cidadanía galega non verá a resposta que precisa” ás súas demandas.

Villoslada apuntou a necesidade dunha “forte aposta por políticas progresistas de inclusión, igualdade e xustiza redistributiva” fronte ás “rampantes políticas neoliberais, individualistas e desreguladoras” que “rachan con calquera clase de contrato social”. Así, lembrou que no ámbito da igualdade a Xunta non aumenta recursos con respecto ao 2016 e reclamou “non só sensibilidade, senón tamén recursos”.

O socialista pediu “medidas transversais” e puxo como exemplo de que o goberno galego “non está disposto a converter en accións reais o seu discurso” o voto en contra do grupo do PP ás medidas para loitar contra as cáusulas anti-embarazo no deporte feminino.

En materia de Xustiza, o socialista criticou que “non se ten feito absolutamente nada” no desenvolvemento do Dereito Civil Especial de Galicia nin na promoción do galego, ademais do descoñecemento das medidas alternativas ás penas de prisión ou a parálise na modificación do sistema de asistencia xurídica gratuíta e nas novas infraestruturas en Pontevedra, Tui ou Vigo.

Con respecto á Administración Local, lamentou a baixada de ata un 27% nas transferencias de capital para os servizos locais básicos e preguntou cales son as previsións para o pacto local, o financiamento, o mapa territorial de Galicia ou as fusións municipais porque é necesario “horizonte, seguridade xurídica e obxectividade” neste tema.

“En materia metropolitana, nas políticas urbanas, vostedes nunca creron, e as contemplan unicamente como nichos electorais”, afirmou Villoslada, que criticou a actitude coas áreas metropolitanas, “que apoian no discurso pero despois as impugnan nos tribunais ou indican aos seus alcaldes que non as apoien”.

O socialista censurou asimesmo que a Xunta non teña avanzado nada no autogoberno de Galicia a pesar das súas promesas, con “iniciativas de ida e volta” e sen compromisos en temas como a transferencia da AP-9 e o AVE. Tamén pediu esforzos en materia de Emerxencias e Interior, coa profesionalización do sector e a recuperación de efectivos; e en Relacións Exteriores, pediu un 0,2% do orzamento para Cooperación ao Desenvolvemento, cando Galicia non fai ningunha contribución para paliar a situación dos refuxiados.

Villoslada reclamou asismesmo a recuperación do emprego público destruído nos últimos catro anos, e pediu medidas para a loita contra a fraude e a corrupción “máis aló do discurso formal”, xa que de 2014 a 2016 Galicia pasou a 13ª posición das 17 comunidades autónomas no Índice de Transparencia INCAU 2016, dixo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar