Pachi Vázquez acusa a Feijóo de “manipular” e “tentar enganar” aos galegos e galegas cos datos do desemprego

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de “manipular” e “tentar enganar” aos galegos e galegas cos datos do desemprego

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de “manipular” e “tentar enganar” aos galegos e galegas cos datos do desemprego

Vázquez sinalou que os datos da EPA 2010 evidencian as mentiras de Feijóo durante todo o pasado ano: a destrucción de emprego en Galicia sitúase un 20,8, 12 puntos por riba da media de España, que é dun 8,6 por cento

Contrapuxo estes datos cos da EPA de comunidades como o País Vasco, onde non só non se destruíu emprego senón que se incrementou nun 6,8 por cento

Insistiu en que o Goberno de España é o mesmo para todas as comunidades, pero mentres unhas crean emprego, outras o destrúen. Reprochoulle ao presidente da Xunta que dixera no Pleno que Galicia non ten competencias en políticas activas de emprego, cando as ten todas

“É vergonzoso que neste primeiro pleno teña que ser a oposición a que veña a falar do desemprego, que é a verdadeira praga de Galicia, mentres que vostede preferiu mandar ao Parlamento ao seu conselleiro de Medio Rural para falar da praga dos piñeiros”

O Secretario Xeral do PSdeG e presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas Galegos, Pachi Vázquez, acusou a Feijóo de “manipular” e “tentar enganar” aos galegos e galegas cos datos do desemprego. Na sesión de control do Parlamento, Pachi Vázquez amosou os datos completos da EPA 2010, que evidencian que Galicia “encabeza a destrucción de emprego de toda España, cun 20,8 por cento, cando a media estatal é dun 8,6 por cento”.

Lembrou que o Goberno presidido por Manuel Fraga, do que Feijóo era vicepresidente, deixou a Galicia en 2005 cunha cifra de desemprego de 2 puntos por enriba da media de España, mentres o anterior Goberno socialista deixouno 5 puntos por debaixo da media de España. Dende a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta “esgotou o 20 por cento dese diferencial, con mais de 70.000 ocupados menos en Galicia”, denunciou.

Vázquez cualificou a Feijóo de “campión do desemprego de España”, xa que mentres que no conxunto do Estado se destruíu un 8,6 por cento de emprego de media, Galicia destruíu un 20,8 por cento. Todas as comunidades de España destruíron menos emprego que Galicia, e incluso algunhas, como o País Vasco, o crearon.

Así, acusou a Feijóo de “responsabilizar aos outros e de inventar confabulacións mundiais contra Galicia” e lembroulle que “Zapatero goberna en toda España, e mentres o País Vasco xerou un 6,8 por cento de empregos, vostede puxo a Galicia á cabeza da destrucción do emprego, cun incremento dun 20,8 por cento”.

Foi por elo que dixo que os datos da EPA de 2010 veñen a descubrir as manipulacións e mentiras permanentes de Feijóo durante todo o ano pasado.

Así, Vázquez esixiu a Feijóo que “deixe de inventar e retorcer os datos para solapar o seu fracaso histórico en políticas de emprego” e incidiu en que os datos da EPA 2010 demostran “que non é certo que sigamos cinco puntos por debaixo da media”. “Así estaba Galicia cando os socialistas deixamos o goberno”, sinalou, á vez que lembrou que dende a chegada de Feijóo á Xunta, hai case dous anos, “gastou 20.000 millóns de euros dos orzamentos autonómicos, e o que conseguiu foi xerar 70.000 ocupados menos, e 35.000 parados máis”.

“É vergonzoso que neste primeiro pleno do ano teña que ser a oposición a que veña a falar do desemprego en Galicia, porque vostede prefire falar da praga dos piñeiros, cando a verdadeira praga de Galicia é o desemprego”, dixo, en alusión a que o PP rexeitou as solicitudes de comparecencia sobre o desemprego e o sistema financeiro e optou pola comparecencia do conselleiro de Medio Rural para explicar as actuacións para erradicar o nematodo do piñeiro.

Pachi Vázquez responsabilizou directamente a Feijóo da praga do desemprego que sofre Galicia, e acusouno de eludir as explicacións e manipular a realidade “porque pensa que repetindo mil veces unha mentira se converte nunha verdade”. Acto seguido, preguntoulle que: “se os 245.831 homes e mulleres que están no paro non son o seu problema, a economía e a sanidade son culpa de Madrid, a pesca é culpa de Bruselas, vostede de quen é presidente?”.

Vázquez criticou que “mentres outras comunidades traballan para sacar adiante o país, vostede cre que canto peor, mellor. “Todos queren destruír Galicia menos vostede que é o Capitan Trueno que vai salvar o pais”, ironizou, “cando en realidade é un desastre de presidente que converteu Galicia nun pais onde o pataleo e o choro volven ser a arma de defensa política”.

“En vez dun presidente converteuse nun contacontos, pero só de medo, que se dedica a ameazar e enfrontar a xente”, proclamou, para acto seguido pedirlle a Feijóo “que deixe de meter a cabeza debaixo da ala e de deixar en absoluta soidade aos desempregados que están en boa parte desesperados pola súa culpa”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar