XAQUÍN FERNÁNDEZ LEICEAGA SERÁ O CANDIDATO DO PSDEG Á PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

XAQUÍN FERNÁNDEZ LEICEAGA SERÁ O CANDIDATO DO PSDEG Á PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

XAQUÍN FERNÁNDEZ LEICEAGA SERÁ O CANDIDATO DO PSDEG Á PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Xaquín Fernández Leiceaga será o candidato do PSdeG nas eleccións autonómicas do próximo mes de outubro, tras as eleccións primarias celebradas hoxe. Obtivo 3.662 votos (un 55,67%), polos 2.916 de José Luis Méndez Romeu (44,33%).

As primarias dos socialistas galegos tiveron unha participación do 65%, xa que foron 6.700 os e as militantes que hoxe votaron (sobre un censo total de 10.324).

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, presentou en rolda de prensa os resultados provisionais e agradeceu a participación “de todos os militantes, amosando unha vez más a forza do socialismo”.

-Na provincia da Coruña, votaron 2.375 persoas (un 62,09%). Fernández Leiceaga obtivo 1.489 votos e Méndez Romeu 834.

-Na provincia de Ourense, votaron 942 persoas (un 65,64%). Fernández Leiceaga obtivo 443 votos e Méndez Romeu 479.

-Na provincia de Pontevedra, votaron 1.937 persoas (un 65,82%). Fernández Leiceaga obtivo 806 votos e Méndez Romeu 1.093.

-Na provincia de Lugo, votaron 1.446 persoas (un 68,18%). Fernández Leiceaga obtivo 924 votos e Méndez Romeu 510.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar