"Voto verdugo" do PP ao negarlle aos reclusos o tratamento contra a hepatite C

"Voto verdugo" do PP ao negarlle aos reclusos o tratamento contra a hepatite C

"Voto verdugo" do PP ao negarlle aos reclusos o tratamento contra a hepatite C

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou hoxe o “voto verdugo” do PP ao negarlles O tratamento indicado aos reclusos enfermos de hepatite C nos cárceres galegos. Os socialistas presentaron unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento para cumprir coas sentenzas xurídicas e o Plan Nacional para o abordaxe da Hepatite C e dispensar a medicación aos internos coa enfermidade, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista advertiu que “os presos e presas están privados de liberdade pero non condenados a morte” e puntualizou que “seguen tendo dereitos”. Acuña advertiu que coa negativa do PP e do goberno galego a prestarlles a atención que precisan, “poden converter a privación de liberdade nunha condena a morte”.

A deputada socialista esixiu “ética, estética, moral, sentido común e un mínimo respecto á poboación reclusa” para prestar un tratamento a esta parte da poboación “que precisan para vivir ou non ter lesións irreversibles”. Lamentou que o PP limite a cuestión a un “cruel litixio” de competencias entre a administración autonómica e a central, e dixo que “mentres discuten os reclusos morren”.

Acuña lembrou que a desatención á poboación reclusa coincide coa negativa dende o Goberno a autorizar unha visita oficial dos parlamentarios autonómicos aos centros penitenciarios galegos. Preguntoulle ao goberno galego “qué teñen que agochar” para impedir a visita dos deputados e deputadas aos reclusos que están padecendo esta inxustiza.

Ridículo político

Considera “absurdo” e “incomprensible”, e mesmo un “ridículo político” a decisión dos gobernos do PP en contra do Plan nacional para a Abordaxe da Hepatite do Sistema Nacional de Saúde, e en contra dunha sentenza xudicial que obriga ao Sergas a facilitar os tratamentos.

“Incomprensible” é ademais que o PP galego ofreza como solución trasladar aos reclusos aos cárceres madrileños, unha medida que “suma o custe do traslado ao custe do tratamento”, ademais do trastorno que supón para o propio enfermo e a súa familia. Acuña lembrou que hai 750 persoas enfermas nos cárceres galegos, o 20,3 por cento de toda a poboación reclusa, das cales nun 27 por cento deles tamén son portadores de VIH.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar