Voto a favor da confianza no progreso e en contra do radicalismo de dereitas

Voto a favor da confianza no progreso e en contra do radicalismo de dereitas

Voto a favor da confianza no progreso e en contra do radicalismo de dereitas

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, pediu hoxe o voto “a favor da confianza no progreso” que representa o PSdeG e “en contra do radicalismo de dereitas que tanta pobreza está traendo . Así o dixo nun mitin ao aire libre, na Praza da Peregrina, onde acompañou ao candidato socialista á alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández.

O líder dos socialistas galegos contrapuxo hoxe o proxecto socialdemócrata do PSdeG con un PP que “demostrou ser o partido mais radical á hora de recortar servizos e dereitos aos cidadáns”. Puxo como exemplo o incremento da desigualdade e a desprotección das persoas como unha mais das dez pragas que representa Feijóo dende o goberno galego.

Besteiro acusou ao presidente da Xunta de ter provocado un incremento da fenda salarial entre homes e mulleres, ao permitir unha caída maior dos salarios das mulleres que os dos homes mentres reducía o orzamento para igualdade e afogaba as políticas de xénero e de mocidade.

Feijóo, dixo, mantense “lonxe das necesidades reais dos cidadáns, goberna dende a distancia e non entende o valor do goberno autonómico e do municipalismo como provedor dos servizos públicos esenciais”. Por iso Galicia foi baixo o seu mandato a terceira Comunidade Autónoma que mais reduciu o gasto en servizos sociais dende 2009.

De acordo coa asociación estatal de directores e xerentes en servizos sociais, Galicia reduciu un 18,65 por cento o gasto en servizos sociais dende a chegada de Feijóo, que suprimiu unha media de 134 millóns de euros menos cada ano ao mantemento do benestar.

Xestión pechada

Esta é a mellor proba das consecuencias da xestión política do PP dende a Xunta, os concellos e a propia Deputación de Pontevedra, “pechada para as súas vilas, para as súas cidades e, sobre todo, lonxe dos seus veciños”.

Demostrou que o PSdeG representa a alternativa a esta política e puxo como exemplo a súa propia experiencia como presidente da Deputación Provincial de Lugo. Naquela provincia, lembrou “non se coñecía nada máis que o PP, pero ao final, con traballo e humildade rompemos esas cadeas e fixemos unha institución útil e aberta para os cidadáns”.

“Cada voto ao PSdeG en Pontevedra –engadiu- é unha chave para abrir a Deputación de Pontevedra á cidadanía”, e “pechárllela a Feijóo, que a utiliza como un simple enclave de poder, como vén facendo dende que chegou rebotado de Madrid para Galicia”.

Gómez Besteiro pediu o voto para permitir, a través do PSdeG, “desaloxar a aqueles emisarios da dereita á que só lle interesan municipios calados que apliquen os recortes”.

Mais os coñecen e menos os queren

Gómez Besteiro dixo que Pontevedra é precisamente a provincia “onde mellor coñecen a Feijóo e Rajoy, e tal vez por iso onde menos os queren”, onde “nin o partido de Feijóo gaña en Vigo nin o partido de Rajoy gaña en Pontevedra” e por iso “vai ser na provincia de Pontevedra onde o PP teña os seus peores resultados.”

Anticipou que “Feijóo vaise quedar sen delegados en Pontevedra, nin aquí na capital, nin en Vigo, nin en Vilagarcía, nin en Redondela, nin en Ponteareas, nin na Estrada, nin no conxunto da provincia de Pontevedra”.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE pediu o apoio a Tino Fernández, “un candidato con voz propia”, mentres o PP presenta a “un simple delegado de Feijóo programado para baixar a cabeza”. Presentou un proxecto, o socialista, que ten Pontevedra como “palanca social e económica de Galicia”.

Criticou que o PP vexa en Pontevedra “nada mais que un lugar de veraneo”, que contrapuxo a un PSdeG que ve na cidade e en toda a provincia “dinamismo, fortalezas e oportunidades”.

Un partido que suma

Gómez Besteiro presentou o proxecto socialista como o de “o partido que sempre suma”, e sinalou que “presentámonos para gañar, pero o partido socialista sempre sae a sumar para o cambio”. Dixo así que os socialistas “presentámonos para liderar a maioría de progreso que os cidadáns quere”, fronte a “outros partidos dispostos a ter a maior capacidade de chantaxe posible”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar