Voadura das iniciativas en materia de igualdade no emprego

Voadura das iniciativas en materia de igualdade no emprego

Voadura das iniciativas en materia de igualdade no emprego

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao presidente da Xunta de ter perpetrado a “voadura de todas as iniciativas en materia de igualdade no emprego postas en marcha” polo goberno de Touriño entre 2005 e 2009. Así o dixo no debate dunha interpelación na que denunciou o incumprimento da Lei de Igualdade no Traballo e reclamou máis medios para as inspeccións laborais.

Acusou ao goberno galego de ter “recortado en servizos esenciais como a sanidade, a educación ou a Dependencia”, ao tempo que impuñan unha “reforma laboral regresiva cen canto a dereitos laborais”. Dixo que a Xunta “impuxo unha reforma laboral regresiva en canto a dereitos laborais e reduciu os orzamentos para apoio á conciliación de 5,7 a 1,2 millóns e de accións para igualdade de 16,2 a 7 millóns nos orzamentos de 2017.

A responsable socialista sinalou que ao conxelar a normativa sobre igualdade no traballo e posteriormente incluíndoa parcialmente na Lei de Igualdade, o goberno galego paralizou o apoio á implantación de plans de igualdade, así como a posta en marcha dun plan de emprego coa participación de máis de 15.000 mulleres e 300 empresas.

Blanco reivindicou a posta en marcha da revisión de convenios colectivos por parte da administración autonómica, ou da impugnación dos mesmos de oficio, e preguntou polas medidas de apoio técnico e económico que presta a Xunta para a implantación de medidas de promoción da igualdade no eido laboral.

A deputada socialista reclamoulle ao goberno galego ademais que intensifique a colaboración coa inspección de traballo, logo de constatar que no ano 2015 tan só foran detectadas 34 irregularidades “entre discriminación no acceso ao emprego, acoso sexual, plans de igualdade, dereitos á conciliación ou discriminación na negociación colectiva”.

Desigualdade

Noela Blanco fixo un relatorio da situación de desigualdade no mercado laboral, con maior parcialidade, desemprego, ou maior perda de poder adquisitivo con relación aos compañeiros homes. Fixo especial fincapé na fenda salarial, que supera o 20 por cento e que supón que a muller ten que traballar 79 días máis ao ano para percibir o mesmo salario que un home en idénticas condicións.

A esta conta hai que sumarlle 90 días de traballos non remunerados para tarefas domésticas e coidados familiares, que suman 169 días, o que supón, ao longo dunha vida laboral de 36 anos cotizados, “a nada máis e nada menos que 9 anos máis de traballo para percibir as mesmas contías por traballos de igual valor”.

Sinalou ademais que “o teito de cristal persiste”, xa que mentres mentres nos traballos de alta cualificación, como técnicos, científicos ou intelectuais, hai máis mulleres que homes, só un de cada catro postos directivos e de xerencia son ocupados por mulleres. Estas, dixo, quedan relegadas ademais aos sectores máis precarizados e peor remunerados, concentrándose no sector servizos, cunha fenda salarial do 32 por cento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar