Visitan aos profesionais sanitarios pechados no Hospital de Santiago de Compostela para manifestar o seu apoio ante os novos recortes de Feijóo

Carmen Acuña traslada o apoio dos socialistas ás protestas en “defensa da calidade do sistema de sanidade público que tanto esforzo nos custou conseguir”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, mantivo un encontro cos profesionais da sanidade pechados no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. A responsable socialista trasladou o apoio e solidariedade do PSdeG ás protestas destes traballadores “en defensa do sistema de sanidade público que tanto nos custou conseguir”.

Acuña criticou a política de recortes drásticos aplicada polo PP dende a Xunta de Galicia e salientou que “este novo ataque do PP provoca un novo deterioro da sanidade pública”. Criticou así que o goberno galego recorte ao persoal que ata o momento “estivo compensando co seu esforzo as carencias provocadas polos recortes”.

Acuña apuntou que “non podemos esquecer que cando se atacan os recursos humanos se ataca un piar fundamental da sanidade” xa que “son os profesionais da sanidade os que co seu esforzo e traballo diario están tratando de compensar os recortes”. Explicou que “ao recortarlle aos profesionais da sanidade, o PP deteriora un pouco mais a calidade da atención, e polo tanto a saúde da cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar