Vilán esixe á Xunta que “non afogue ás familias galegas” cunhas taxas de auga e lixo “que só benefician a empresas privadas”

Vilán esixe á Xunta que “non afogue ás familias galegas” cunhas taxas de auga e lixo “que só benefician a empresas privadas”

Vilán esixe á Xunta que “non afogue ás familias galegas” cunhas taxas de auga e lixo “que só benefician a empresas privadas”

“O Goberno de Feijóo ten que dialogar cos alcaldes e presentar un novo plan de residuos”, asegura Patricia Vilán

O Grupo Socialista esixe á Xunta de Galicia que “non afogue ás familias galegas” con taxas para a auga e o lixo “que só benefician a empresas privadas”.

“Feijóo dixo onte que as normas non se negocian nun Estado de dereito, o que deixa clara a súa forma de facer política; gobernar non é mandar e o que ten que facer o presidente da Xunta é negociar e buscar unha posición de consenso cos cidadáns e os seus representantes”, asegurou en rolda de prensa a portavoz de Medio Ambiente dos socialistas na Cámara, Patricia Vilán.

A deputada lembrou que o regulamento da Lei de augas de Galicia, do ano 2012, estableceu dúas taxas polas que a Xunta recaudou 40 millóns de euros en 2013, “cunha intención que non cumpliu, que era a de investir o diñeiro en infraestruturas hidráulicas”.

Vilán afirmou que “o PP acordou eximir do pago aos fogares en risco de exclusión social, pero das 8.000 familias que se poderían beneficiar, ata o mes pasado só se recoñeceron 128 solicitudes e outras 140 están en proceso de trámite, o que demostra que a Xunta de Galicia non ten intención de potenciar esta medida”.

Sogama
Polo que respecta á suba do 34% no canon de Sogama, a deputada socialista felicitou aos alcaldes que onte conseguiron unha reunión o próximo martes co conselleiro Agustín Hernández, “pero lamentablemente Feijóo deixou onte claro que non servirá de moito”.

Os socialistas consideran que o “taxazo” de Sogama resposta a un modelo de xestión dos residuos “ineficaz”, polo que demandan un novo plan autonómico. “Sogama ten orzamentados máis de 6 millóns de euros de beneficios despois de impostos, pero serán para Unión Fenosa e os cidadáns terán que pagar máis”, apunta Vilán.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar