Vilán denuncian que a Xunta investirá 160.000 euros para a prevención de imputacións delitivas e o Plan de Viabilidade de Sogama e só 28.000 no programa “recíclate con Sogama”

Vilán denuncian que a Xunta investirá 160.000 euros para a prevención de imputacións delitivas e o Plan de Viabilidade de Sogama e só 28.000 no programa “recíclate con Sogama”

Vilán denuncian que a Xunta investirá 160.000 euros para a prevención de imputacións delitivas e o Plan de Viabilidade de Sogama e só 28.000 no programa “recíclate con Sogama”

Patricia Vilán reclama que “muden o xestor” que anuncia 20 actuacións de promoción da reciclaxe mentres Galicia recicla 7 veces menos e incinera 7 veces mais que a UE

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, denunciou hoxe que a Xunta investira un total de 158.000 euros de Sogama para un programa de prevención de imputacións delitivas, unha análise do impacto da duración do servizo de transporte en Galicia e a elaboración do plan de viabilidade e tan só 28.000 para o programa educativo “Recíclate con Sogama”.

A deputada socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente na que esixiu un maior investimento nas actividades educativas a prol da prevención, redución e reutilización de residuos. Esixiu que o goberno galego mude as prioridades na xestión de residuos, xa que sitúa en primeiro lugar a incineración e soterramento dos detritos, na dirección contraria do que esixe a UE.

Criticou así que o goberno destinara un total de 86.000 euros a un despacho de avogados para elaborar un “programa de prevención de imputacións delitivas”, sen explicar en que consiste. Ademais, lembrou que destinaron 20.650 euros á auditora KPMG para unha análise do impacto da duración do servizo de transporte en Galicia, e outros 50.820 a PWC para a elaboración do programa de viabilidade de Sogama 2013-2022.

Mudar o xestor

Vilán advertiu que a Xunta “debe mudar o xestor” que anuncia 20 actuacións de educación e promoción da reciclaxe “das que os cidadáns non temos constancia” mentres ao mesmo tempo Galicia recicla 7 veces menos e incinera 7 veces mais que a media da UE.

Criticou que a Xunta defenda que a educación é a “primeira liña estratéxica” na súa política de xestión de residuos e lembran que a meirande parte da responsabilidade recae nos concellos, que teñen a competencia na xestión de residuos, pero impoñen unha suba desproporcionada, inxusta e inxustificada do canon de Sogama nun 34 por cento, nunha planta na que incineran a meirande parte dos residuos e que agora queren ampliar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar