Vilán advirten que o PP e a Xunta queren incumprir a lei para prorrogar a presencia de Ence en Pontevedra 75 anos

Vilán advirten que o PP e a Xunta queren incumprir a lei para prorrogar a presencia de Ence en Pontevedra 75 anos

Vilán advirten que o PP e a Xunta queren incumprir a lei para prorrogar a presencia de Ence en Pontevedra 75 anos

Patricia Vilán acusa á Xunta de retrasar o informe sobre a solicitude de prórroga da empresa para vencer o prazo de tres meses e convertelo en “papel mollado”

O PP rexeita unha iniciativa socialista para que a Xunta emita un informe vinculante desfavorable

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao PP e á Xunta de “incumprir a Lei” de Costas que determina que o goberno galego debe elaborar un informe sobre a ampliación da concesión de Ence en Pontevedra antes do remate de marzo. No debate dunha proposición non de Lei do PSdeG, acusou ao goberno de querer converter o informe en “papel mollado”.

Vilán explicou que si o goberno galego non emite este informe antes deste mes xa terá rematado o prazo de tres meses que determina a Lei de Costas dende a solicitude da prórroga, o que fará que o documento “non valerá para nada”. Así o dixo logo de que o PP votara en contra dunha iniciativa socialista para pedirlle á Xunta un informe vinculante desfavorable á presenza da pasteira na Ría de Pontevedra.

A deputada socialista acusou á Xunta e ao PP de “dar largas para manter a Ence na ría outros 75 anos” coa súa conivencia e “incumprindo o compromiso de falar coa empresa” para que abandonaran a súa situación actual antes de 2018. Acusou ao PP de “inducir a cometer o delito de prevaricación” ao pedir que non se cumpra a Lei de Costas que determina que o dito informe debe ser presentado en tres meses.

Sinalou que a postura do goberno da Xunta “primeiro ía ser vinculante, logo determinante e agora vai ser papel mollado” co obxectivo de permitir que a empresa se manteña na
Ría.

A escusa do regulamento

Advertiu que a resposta tanto do PP como do goberno galego de agardar á elaboración do regulamento para desenvolver a Lei de Costas por parte do goberno supón unha escusa para non presentalo antes de que remate o prazo. Lembra que a concesión remata en decembro de 2018, e advertiu que “pode ocorrer que en decembro de 2018 aínda non haxa regulamento”.

Explicou que o goberno está a incumprir o prazo para a elaboración do regulamento, que xa venceu en novembro do ano pasado, polo que podería suceder que o seguira incumprindo no momento en que remate a concesión da factoría.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar