Vicepresidencia reparte 5 millóns de euros con criterios políticos en axudas a concellos e asociacións de veciños

Vicepresidencia reparte 5 millóns de euros con criterios políticos en axudas a concellos e asociacións de veciños

Vicepresidencia reparte 5 millóns de euros con criterios políticos en axudas a concellos e asociacións de veciños

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, criticou o uso partidario das axudas convocadas neste mes de xullo por parte da Consellería de Presidencia a través do modelo de concorrencia non competitiva. Soneira presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre os 2 millóns dirixidos a infraestruturas de concellos pequenos e 3 millóns para asociacións veciñais.

A deputada socialista alertou do reparto discrecional con criterios políticos das axudas aos concellos de menos de 10.000 habitantes, que reciben o anuncio das axudas en plenas vacacións, obrigando a que “os concellos avisados sexan os únicos que poidan presentar os proxectos”.

Mentres, engadiu, destinan partidas ás asociacións veciñais dirixidas a “controlar por vía interposta, a través de asociacións domesticadas, e organizar a oposición dende fora das institucións”.

Explicou así que fronte aos 500.000 euros destinados a Ourense e Lugo, e os 950.000 de A Coruña, sexa a provincia de Pontevedra a que máis axudas aglutina, un total de 1,05 millóns de euros, xa que segundo Soneira “é onde está a bicha”. Aludiu así tanto ao goberno da cidade de Vigo, presidido polo socialista Abel Caballero, como á Deputación de Pontevedra, dirixida pola tamén socialista Carmela Silva.

Lembrou neste sentido o caso da Asociación Xesteira, dirixida polo delegado de Agricultura na Costa da Morte para repartir axudas e “gobernar mesmo a través de axudas ás comisións de festas o que non puideron facer a través dos concellos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar