Vicente Docasar reclámanlle á Xunta un novo Regulamento Orgánico para Centros Educativos

Vicente Docasar reclámanlle á Xunta un novo Regulamento Orgánico para Centros Educativos

Vicente Docasar reclámanlle á Xunta un novo Regulamento Orgánico para Centros Educativos

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamoulle hoxe ao goberno galego que aprobe “de inmediato” un novo Regulamento Orgánico para Colexios e Institutos –ROC-. Docasar presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación na que advertiu que o ROC actual data de 1997 e revélase “obsoleto para tratar as novas casuísticas que se dan hoxe nos centros”.

O portavoz de Educación reclamoulle ao goberno galego que afronte este cambio en resposta aos directores e directoras dos centros educativos galegos, e demandou ademais que a Xunta acade “un amplo consenso coa comunidade educativa”. Advertiu que o desleixo do Executivo de Feijóo está a deixar aos centros galegos sen un instrumento moi importante para desenvolver a súa labor.

Así, citou os novos conflitos que teñen xurdido nestes anos e aos que a normativa en vigor non da resposta, como o acoso en internet, a xestión das actividades extraescolares, o uso de aparatos electrónicos de telefonía móbil ou de gravación, o uso das imaxes do alumnado menor de idade, a instalación de cámaras no interior dos edificios ou as xestións das folgas de estudantes.

Tamén advertiu da nova casuística que xera a diversidade cultural, racial ou relixiosa do alumnado e das súas familias, a sobrecarga ao profesorado con tarefas que non lles competen , a xestión de persoal non docente, así como coa xestión dos tempos de lecer ou a asignación de deberes ao alumnado.

Oportunidade de escoitar

Docasar sinalou que “un goberno responsable e preocupado xa tería abordado e solucionado” as novas situacións que están “a desbordar” aos centros. Instou así á Xunta a “aproveitar a oportunidade de escoitar o que teña que dicir o profesorado, e fundamentalmente os equipos directivos dos centros, os representantes das familias e os sindicatos na Mesa Sectorial de Educación.

Reclamou así á Xunta que inicie o proceso de actualización do ROC, que desenvolva a orde correspondente e, a continuación, afrontar a autonomía de xestión dos centros, instando aos colexios e institutos a poñer ao día os seus propios regulamentos de réxime interno.

Criticou que a Xunta “traslada problemas aos centros pola desidia e comodidade dos seus gobernantes”, amparándose nunha mal chamada autonomía de xestión dos centros, que consiste basicamente en pasarlle aos centros os problemas que a propia administración non é capaz de resolver, e criticou que a Consellería “lexisla a golpe de oportunismo ou para facer parches á medida que aparecen nos medios de comunicación determinados conflitos en escolas ou institutos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar