Vicente Docasar acusa ao PPdeG e ao Goberno galego de atacar o ensino público e rematar coa igualdade de oportunidades na educación

Vicente Docasar acusa ao PPdeG e ao Goberno galego de atacar o ensino público e rematar coa igualdade de oportunidades na educación

Vicente Docasar acusa ao PPdeG e ao Goberno galego de atacar o ensino público e rematar coa igualdade de oportunidades na educación

Vicente Docasar lamenta a negativa do PP a unha moción socialista en defensa da educación pública e advirte que o PSOE derrogará a LOMCE, que cualificou de “contrarreforma educativa”

Vicente DocasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, acusou ao PP e ao goberno galego de encetar un “ataque sen precedentes” nos últimos 30 anos contra o ensino público. Así o dixo no debate dunha moción en defensa da educación pública que foi rexeitada hoxe polo PP no Pleno do Parlamento.

O responsable socialista puntualizou que a política educativa do PP constitúe unha “arma de destrución masiva contra a igualdade de oportunidades”. Docasar defendeu hoxe o ensino público e ao seu profesorado e advertiulle ao PP que “se finalmente sacan adiante a Lomce, para nós unha contrarreforma educativa, sen contar co conxunto da comunidade educativa pero contando coa Conferencia Episcopal, esta será derrogada polo PSOE cando volva ter responsabilidades de goberno”.

Criticou que o PP chegara a asumir, no debate parlamentario desta Lei, a petición dos bispos para poñer a relixión como oferta obrigada en bacharelato, e ironizou que “xa só falta que os rapaces e as rapazas teñan que rezar ao inicio e ao remate das clases”.

Docasar dixo hoxe que a defensa da educación pública constitúe “unha liña vermella pola que estamos dispostos a confrontar” por canto resulta “primordial para corrixir as desigualdades e evitar que o lugar de nacemento condicione o futuro dos nenos e nenas”. Reclamou así “unha educación que corrixa desigualdades, que sexa pública e de calidade, e que o acceso á mesma non dependa da familia de nacemento”.

Esixiulle hoxe ao PP que “paren a posta en marcha da Lomce e séntense a negociar un marco normativo na nosa educación con capacidade de durar no tempo”, e advertiu que “se seguen coa súa implacable folla de ruta ultraconservadora terá consecuencias”.

Ataques
O deputado socialista denunciou os ataques ao ensino público, entre os que nomeou os fortes recortes orzamentarios, a baixada do número de profesores mentres aumentan os alumnos, ou encetando unha “grande inxustiza a través da nova política de bolsas de axudas ao estudo” que cualificou de “sectaria e elitista”.

Docasar cualificou tamén de “chapuza” a posta en marcha do novo decreto de comedores que impón o copago en contra da Lei mesmo para os rapaces que teñan que desprazarse da súa localidade de residencia, coa conseguinte perda de servizos medio rural.

Criticou tamén os concertos ilegais con centros que segregan por sexo, a proliferación de bancos de libros e material escolar autoxestionados para as familias sen recursos ou os usos irregulares rexistrados nos cheques do goberno galego para compra de material escolar.

Iniciativa
Os socialistas reclamaron hoxe que o Parlamento rexeite as medidas da Xunta para dificultar a igualdade de oportunidades no ensino, e reclamou a derrogación do novo decreto de comedores escolares, recuperar os 3 millóns de euros das subvencións aos centros privados que segregan por sexo para dedicalos ao financiamento dos comedores escolares.

Tamén solicitaba un plan de retención que evite a emigración a países estranxeiros mediante axudas á contratación, formación continuada e pulo do emprendemento. Ademais, instaba ao Goberno central a atender as reivindicacións da Carta pola Ciencia nos orzamentos de 2014, derrogue o decreto de bolsas e non poña en marcha unha nova Lei educativa sen amplo consenso coa comunidade educativa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar