Veto a unha proposta para reforzar a colaboración no fomento do emprego entre Xunta e concellos

Veto a unha proposta para reforzar a colaboración no fomento do emprego entre Xunta e concellos

Veto a unha proposta para reforzar a colaboración no fomento do emprego entre Xunta e concellos

A portavoz de Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou hoxe a negativa do PP a unha proposta socialista na Comisión de Economía para reforzar o programa de fomento do emprego e mellora da empregabilidade en colaboración coas entidades locais. Os socialistas demandaban pasar de 1,3 a 10 millóns de euros dunha partida “insuficente” para un programa “desprezado” polo goberno galego.

Rodríguez Rumbo acusou á Xunta de anunciar “dereitos de papel”, en alusión aos programas de impulso do emprego que deixan sen executar. Neste sentido, lembrou que Galicia deixou sen executar 100 millóns de euros consignados en 2016 para a promoción do emprego, e 49 millóns do programa de Fomento da Empregabilidade, o 50 por cento.

Neste sentido apuntou ás axudas do goberno galego para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidade, que deixou nuns raquíticos 1,3 millóns de euros para este ano, o que supón 4.140 euros por concello, o equivalente a 1,5 contratos de 2.700 euros ou 2,76 de 1.500 euros br4utos durante 3 meses atempo completo ou 6 a tempo parcial.

Os socialistas reivindicaron que a Xunta se “tome en serio” este tipo de iniciativas aumentando o seu orzamento ata os 8,7 millóns, o que o situaría en 10 millóns de euros conxuntametne cos concellos. Esta medida permitiría aumentar substancialmente o número de contratos e ademais amplialos a un período mínimo de 6 meses a tempo completo ou 12 a media xornada.

Situación laboral

Rodríguez Rumbo acusou ao PP de xestionar as políticas públicas co obxectivo de “volver á beneficencia”, renunciando deliberadamente a impulsar unha saída da crise centrada na “calidade no emprego, salarios dignos e políticas públicas”. Lembrou que logo de 8 anos de xestión de Feijoó, Galicia ten 84.873 habitantes menos, perdeu 86.400 ocupados e gañou 14.500 parados.

Ademais, de acordo coa Enquisa de Poboación Activa, o número de fogares con tódolos seus membros en paro aumentou en 16.300, un 33 por cento, os fogares sen ingresos incrementáronse en 15.200, un 87,4 por cento, e catro de cada dez persoas viven en fogares sen capacidade de afrontar gastos imprevistos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar