Veto do PP a xeneralizar permisos de maternidade e paternidade de 20 semanas

Veto do PP a xeneralizar permisos de maternidade e paternidade de 20 semanas

Veto do PP a xeneralizar permisos de maternidade e paternidade de 20 semanas

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, presentou hoxe unha proposición non de Lei para pedirlle ao goberno do Estado que xeneralice os permisos de paternidade e maternidade para tódolos traballadores e traballadoras, que foi vetada polo PP. Os socialistas reclamaban permisos de 20 semanas intransferibles e coa remuneración completa.

Pierres amosou a súa sorpresa pola negativa do PP a esta proposta que incluía reclamarlle á Xunta que lle remita á Cámara autonómica o Plan de Igualdade que debera conter a equiparación na duración dos permisos anunciada recentemente por Feijóo. Tamén debera incluír as previsións par a posta en marcha de medidas para asegurar a presenza equilibrada de mulleres e homes nas directivas das entidades autonómicas.

A responsable socialista tamén solicitaba garantías para a igualdade de mulleres e homes no acceso, mantemento e promoción do emprego, impulsando ademais a súa incorporación aos trabalos emerxentes no novo modelo produtivo.

Criticou o escaso interese do PP e do goberno galego á hora de poñer en marcha estas medidas a favor da igualdade, que ata a manifestación xeneralizada das mulleres do pasado 8 de marzo mantivo un “discurso de autocompracencia”. Alertou do “escaso entrenamento” do goberno galego á hora de poñer “en forma” as medidas dirixidas a impulsar a igualdade.

Violencia de xénero

A responsable socialista criticou ademais que o PP teña vetado tamén o apartado desta iniciativa dirixido a reclamarlle ao goberno central unha dotación mínima para a posta en marcha “de forma inmediata” das medidas contempladas no Pacto de Estado para a Violencia de Xénero. Sinalou que “os pactos son para cumprilos, non para alardear deles e logo abandonalos á súa sorte”.

Neste sentido sinalou que o compromiso dun incremento anual de 20 millóns de euros nas transferencias aos concellos e de outros 100 ás comunidades autónomas durante os próximos 5 anos traduciuse no primeiro recorte. Para o ano 2018, os primeiros 200 millóns quedan en 80 nos orzamentos xerais do Estado, “deixando os outros 120 a xestionar polas administracións territoriais, e polo tanto no aire”.

Advertiu de que “demorar eses 120 millóns desviando a súa xestión ás administracións territoriais é non ter entendido nada da urxencia e emerxencia da posta en marcha dese plan, e un insulto á intelixencia do resto de grupos da oposición no Congreso do Estado e por suposto das mulleres deste país”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar