Veto do PP a unha proposta para garantir a calidade asistencial no verán

Veto do PP a unha proposta para garantir a calidade asistencial no verán

Veto do PP a unha proposta para garantir a calidade asistencial no verán

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista na que solicitaba a cobertura das baixas por vacacións na sanidade pública, para garantir a atención das camas que se manteñen habilitadas no verán.

O responsable socialista amosouse “a favor de optimizar e racionalizar, pero non de regatear coa sanidade pública para que hoxe teñamos que aprobar destinarlles 1,5 millóns de euros ás clínicas concertadas para que realicen as operacións que non facemos na pública”.

Criticou así o peche de 1.200 camas hospitalarias no verán, cando en 2008 o PP cualificaba de “grotesco” que se pecharan 520. Alertou ademais que as camas que permanezan útiles terán menos atención pola falla de persoal “derivada dunha planificación sanitaria dirixida a ser máis cicateros” apartando a calidade do servizo.

Advertiu que a ratio de persoal atópase por debaixo da media estatal, cunha taxa interanual “das peores de España, apenas por enriba de Ceuta e Melilla”, con preto de 3.000 profesionais menos que en 2009 e cando a atención hospitalaria especializada está entre as tres peores do Estado, segundo os usuarios.

Advertiu que “algúns sindicatos calculan máis de 7.000 prazas vacantes no Sergas”, mentres os que quedan teñen que padecer unha elevada precariedade, cando só a metade dos médicos teñen contrato estable.

Esta é, dixo, a causa de que a sanidade pública galega estea “nunha situación límite”, con “servizos que non se poden dar no verán” pola falla de persoal, provocando “ineficiencias, aumento de listas de espera, ou saturación de urxencias”. Sinalou neste sentido que “planificar unha redución de servizos necesita un mínimo de estabilidade que en Galicia non temos, xa que estamos moito peor preparados para elo”.

Proposta

Os socialistas reclamaron hoxe pedirlle á Xunta un informe de atención hospitalaria sobre o que se realice a planificación do servizo no verán, ademais de contratar ao persoal dispoñible necesario para cubrir as baixas por vacacións.

Finalmente, solicitou conformar unha mesa de avaliación da atención hospitalaria no verán “na que participen representantes das persoas traballadoras hospitalarias” e que elabore un informe de conclusións que poida ser utilizado nos anos seguintes.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar