O PP impide pedirlle á Xunta reabrir as axudas por danos ocasionados polo xabaril

O PP impide pedirlle á Xunta reabrir as axudas por danos ocasionados polo xabaril

O PP impide pedirlle á Xunta reabrir as axudas por danos ocasionados polo xabaril

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, presentou hoxe unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que abra a convocatoria de axudas por danos ocasionados polo xabaril nos cultivos galegos. A proposta, presentada na Comisión de Agricultura celebrada hoxe no Parlamento, foi vetada polo PP.

O responsable socialista presentou esta proposta para apoiar aos agricultores galegos afectados pola actividade dunha especie salvaxe coa que “estamos condenados a coexistir, pero iso non quere dicir que teñamos que aguantar impertérritos aos seus efectos nocivos sobre os cultivos”.

Lembrou que as axudas do goberno están pechadas dende o 10 de outubro e reclamou por iso que “fagan o mesmo que fixeron o ano pasado e abran esta medida de axuda para os nosos agricultores”.

Quiroga saudou o Plan de Xestión do goberno galego para atallar e reducir o impacto dos ataques desta especie sobre os cultivos galegos, pero advertiu que resulta “insuficiente, aínda que enfocado no bo camiño”. Sinalou que o dito plan “necesita mellorar, entre outras cousas, establecendo un programa de incentivos dos tecores, e estabilizar ou levar a uns niveis asumibles a presenza desta especie”.

O responsable socialista advirte que os danos causados en “praderías e cultivos como a pataca, millo e cereais en xeral, aos que nos derradeiros anos se lle engadiron as desfeitas no viñedo, son constantes”. Nas derradeiras semanas, sinala, súmanse os danos aos cultivos de millo, convertidos no “branco preferido para as manadas destes animais que comen unha parte e danan de xeito irreversible outra nos campos de cultivo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar