Veto do PP ao Servizo de Hemodinámica 24H en Ourense

Veto do PP ao Servizo de Hemodinámica 24H en Ourense

Veto do PP ao Servizo de Hemodinámica 24H en Ourense

A deputada socialista Noela Blanco acusou hoxe ao PP de “vetar” a implantación do servizo de Hemodinámica 24 horas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. O PP rexeitou hoxe na Comisión de Sanidade unha iniciativa socialista neste sentido, contradicindo así o seu propio voto co que apoiaron en 2011 unha iniciativa socialista a favor do servizo.

A responsable socialista cualificou de “tomadura de pelo” o anuncio da semana pasada de ampliar o servizo ata as 22,00 horas –ata o momento pechaba ás 15,00 h.-, quedando á metade das 24 horas que considera “imprescindible” para “salvar a vida de milleiros de ourensáns.

Considera neste sentido un “insulto á intelixencia” que “as posibilidades de supervivencia dos ourensáns e as ourensás “sigan dependendo da hora ou do código postal nos que teña lugar un ataque cardíaco”. Os índices de mortalidade por infarto de miocardio en Ourense, dixo, triplican hoxe os que se rexistran nas provincias de A Coruña e Pontevedra.

Ourense é ademais líder na taxa de mortalidade por 100.000 habitantes do Estado, co 59,7 por cento, case o dobre do 32,8 por cento da media estatal, nunha provincia na que a incidencia desta patoloxía é netamente maior. Ademais “estamos unha hora por enriba do tratamento por crise coronaria, e somos a segunda provincia con máis demora, cando pasan de media 169 minutos entre o inicio do procedemento e a intervención”.

Advertiu que “cando a un ourensán se lle ocorre ter un infarto de miocardio fora do horario establecido, ten que ser trasladado a Vigo, o que supón un traslado dunha hora no mellor dos casos, ou de dúas e media dende puntos como O Barco ou A Gudiña. Trátase ademais de traslados en ambulancia medicalizada, o que provoca que a provincia quede sen un médico durante o tempo que dure o traxecto de ida e volta.

Malestar sanitario

A responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “cronificar o malestar sanitario de Ourense”, ao negarse agora a implantar Hemodinámica 24H logo de ter suprimido o servizo de cirurxía pediátrica 24 horas, ou do desmantelamento paulatino dos hospitais comarcais de Valdeorras e Verín”. Blanco sinalou ademais aos retrasos na construción dos centros de saúde ou á catastrófica ampliación do CHUO, reducindo o orzamento de 41 a 36 camas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar