Veto á mellora de servizos sanitarios para Sanxenxo

Veto á mellora de servizos sanitarios para Sanxenxo

Veto á mellora de servizos sanitarios para Sanxenxo

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe o reforzo dos servizos sanitarios de Sanxenxo cunha praza de pediatría no PAC de Baltar e a adecuación dos servizos sanitarios á época de verán. O PP vetou unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para dotar dunha ambulancia medicalizada á comarca de Arousa – Salnés durante todo o ano e unha adicional para Sanxenxo durante o verán.

Torrado lembrou que Sanxenxo pasa de ter 20.000 habitantes durante todo o ano a máis de 100.000 no verán, converténdose na terceira localidade de Galicia, que é atendida polo Centro de Saúde de Baltar a pesares das reducións e recortes de persoal aplicadas durante os últimos anos. Deste xeito, non foi substituído o pediatra e a comarca continúa sen unha ambulancia medicalizada durante todo o ano.

O responsable socialista sinalou que a situación obriga a dotar dunha ambulancia medicalizada no verán, ademais de que, “sorprendentemente”, despois do retorno de Telmo Martín á alcaldía fora reposto o pediatra. Torrado reivindicou que este médico se manteña “cando amaine”, e aludiu ao cambio de alcalde sinalando que “todos sabemos o que pasou, so queda por saber cánto custou e quén pagou a factura”.

Sinalou que “se o argumento para pechar camas no verán é que ademais das vacacións do persoal hai menos asistencia a hospitais porque a xente tamén viaxa, haberá que dotar de medios os lugares onde viaxan”. Sinalou que “as persoas, cando están de vacacións, son como a enerxía: nin se crean nin se destrúen, só se trasladan”.

Os socialistas reclamaban nesta iniciativa unha dotación de ambulancia medicalizada permanente para a comarca de Arousa – Salnés, “que cubra as necesidades sanitarias e cumpra cos criterios establecidos en distancias, isocronas e servizos”. Ademais, reclamou garantir a cobertura dunha praza de pediatría máis das que hai actualmente no PAC de Baltar.

En definitiva, reclamaba a “adecuación dos servizos sanitarios á poboación estimada en época de verán, para garantir os servizos de forma que se contribúa a mellorar as potencialidades do municipio e a comarca”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar