Veto á investigación dos restos de caballóns atopados en Toralla

Veto á investigación dos restos de caballóns atopados en Toralla

Veto á investigación dos restos de caballóns atopados en Toralla

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para reclamarlle ao goberno galego que inicie unha investigación de oficio pola aparición de restos masivos de especies mariñas mortas nunha zona de gran importancia ecolóxica na Illa de Toralla, en Vigo, denunciado nun vídeo particular feito público por un biólogo.

A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Pesca do Parlamento celebrada hoxe derivada daquel vídeo que amosaba os restos de milleiros de xardas pintadas ou cabalóns –scomber japonicus-, xunto con outras especies como cabaliños de mar ou chopos. Sinalou que se trata dun larvario de gran fraxilidade ecolóxica no que o impacto destes restos pode ser fatal.

Toja lamenta que o goberno galego evite analizar a situación e os motivos dese fenómeno alegando que “non existía ningunha denuncia formal”, demostrando que “a única preocupación foi pasar a responsabilidade duns aos outros para non facer nada.

Reclamou unha actuación “de oficio” xa que, dixo, “existe unha denuncia pública sobre un tema reincidente e unha práctica común que está a ocorrer non só en Toralla, senón tamén noutros lugares e hábitats sensibles”.

Sinalou que esta situación “require dunha solución, xa que ocasiona un problema ecolóxico e incluso pode constituír un problema sanitario”, e acusou ao goberno galego de “deixar o medio mariño deixado da man de Deus”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar