Veto incomprensible aos profesores interinos nos conservatorios de música nas oposicións da Xunta

Veto incomprensible aos profesores interinos nos conservatorios de música nas oposicións da Xunta

Veto incomprensible aos profesores interinos nos conservatorios de música nas oposicións da Xunta

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez Martínez, acusou hoxe ao goberno galego de “vetar” aos profesores interinos dos conservatorios de música nas oposicións ao corpo de profesores de música e artes escénicas e musicais. O responsable socialista presentou unha serie de iniciativas para pedirlle á Xunta que manteña prazas de acceso libre nestas oposicións.

O responsable socialista preguntoulle ao goberno galego “qué ten contra o profesorado dos Conservatorios” logo de coñecer que a convocatoria de prazas non incluirá previsión para o acceso pola quenda libre, reservándoas exclusivamente ao acceso dende o corpo de profesores de Educación Secundaria.

Esta decisión únese á orde de xuño de 2014 pola que a Xunta permitir que profesores de música de secundaria con carga horaria normal asumiran prazas provisionais nos conservatorios no curso 2014-15 argumentando falta de carga horaria. Aquela decisión foi recentemente anulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por desviación de poder.

O responsable socialista reclamou a apertura das oposicións aos profesores interinos dos conservatorios e acusou ao goberno galego de agochar as súas “manobras” con “argumentos falaz e torticeiros”. Dixo que a Xunta “minte” cando critica un “erro na planificación” da provisión de prazas e alude aos profesores de educación secundaria desprazados por falta de horario.

Explicou que aínda que é certo que hai 9 profesores de música nesta situación, tamén hai 6 profesores de educación física e en 2016 convocaron 16 prazas, e tamén hai 8 profesores de francés, co que “podería terse adoptado unha decisión idéntica empregando as Escolas Oficiais de Idiomas”.

Non foi así, polo que o Parlamentario socialista explica que esta situación deriva da redución de horas destas materias, nomeadamente música, educación física ou filosofía, ao que deciden responder impoñendo un veto por unha decisión “meramente política, en base a un criterio de oportunidade non sabemos en base a qué razóns”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar