Veto incomprensible a apoiar a substitución de cubertas que conteñen amianto

Veto incomprensible a apoiar a substitución de cubertas que conteñen amianto

Veto incomprensible a apoiar a substitución de cubertas que conteñen amianto

Patricia A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lamentou hoxe o “incomprensible veto” do PP a unha proposta para apoiar a substitución de cubertas de uralita e outros materiais que conteñen amianto. A deputada socialista advertiu do elevado prezo do proceso, que supón 4.000 euros para cambiar 200 metros cadrados, inalcanzable para economías humildes.

Vilán salientou que o dito material provoca un risco evidente para a saúde dos usuarios, xa que a OMS estima en 125 millóns de persoas expostas ao amianto no seu traballo e 100.000 falecidos ao ano. A incidencia é evidente en Galicia ao ser un material presente no fibrocemento, empregado habitualmente na uralita, a única cuberta de multitude de espazos.

Ao risco sanitario, con graves patoloxías derivadas como o mesotiloma, únese a complexidade de manipulación deste material para o seu tratamento posterior, o que provoca que moitos usuarios opten por enterrar o material vello en lugar de financiar un procesamento mais caro.

Os socialistas reclamaran hoxe unha liña de axudas a fondo perdido para a substitución de calquera tipo de cubertas que conteñan amianto tanto no territorio urbano como rural, e advertiu que as liñas de axuda previstas polo goberno “requiren un nivel de ingresos específico e non son a fondo perdido”, polo que resultan parciais e incompletas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar