Veto a incluír aos alumnos repetidores nas ratios das aulas

Veto a incluír aos alumnos repetidores nas ratios das aulas

Veto a incluír aos alumnos repetidores nas ratios das aulas

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou o veto, por parte do PP, a unha proposición non de Lei presentada polo PSdeG na Comisión de Educación solicitando incluír ao alumnado repetidor para determinar as ratios máximas de alumnos e alumnas por grupo.

O responsable socialista sinalou que a negativa do PP a ter en conta a estes alumnos provoca un dobre prexuízo, tanto sobre os docentes como sobre o alumnado. Explicou que os profesores deben atender a máis alumnos por aula, impedindo as medidas de atención específicas previstas para o alumando repetidor.

Ademais, o alumnado en xeral tamén ve deteriorada a calidade do ensino, e o repetidor en particular vese privado da atención específica que precisa e das medidas a propia normativa recoñece como obrigatoria.

Derrogación

Os socialistas tamén reclamaron a derrogación do Real Decreto Lei de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo. Lamentou que, malia a recuperación económica, os traballadores e traballadoras do ensino público segan a soportar “máis horas de clase, máis alumnos por aula e máis materias afíns”, como consecuencia directa de reducir o número de profesores e profesoras nos centros.

Sinalou que “ao incrementar o horario docente, o goberno garantiu non facer más con menos, senón facer máis explotando máis aos mesmos profesionais que xa estaban”, en contra da necesidade de potenciar e dignificar o sistema educativo para garantir un ensino de calidade.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar