Veto do PP ás axudas para o sector pesqueiro afectado polo peche de fronteiras entre a UE e Rusia

Veto do PP ás axudas para o sector pesqueiro afectado polo peche de fronteiras entre a UE e Rusia

Veto do PP ás axudas para o sector pesqueiro afectado polo peche de fronteiras entre a UE e Rusia

barco cefalopodo mauritaniaJosé Ramón Val advirte que ao PP e ao goberno galego “só lles interesa salvar a cara” mentres deixan á intemperie a un sector que exporta 15.000 toneladas de produto

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, acusou ao PP e ao goberno galego de “rirse dos galegos e das galegas” logo do veto do PP a apoiar ao sector pesqueiro afectado polo peche das fronteiras entre a UE e Rusia, Bielorrusia e Kazajstan, en abril de 2013.

O responsable socialista lamentou que ao PP e mailo goberno galego “só lles interesa salvar a cara” mentres o sector constata o inexistente apoio por parte do goberno galego para resolver unha situación que afecta a todo o sector primario galego. Sinalou que o mercado ruso estaba a absorber o 20 por cento das exportacións dun total de 15.000 toneladas que envía a pesca galega fora das fronteiras do país.

Lamentou o desleixo demostrado polo PP e mailo goberno galego para apoiar ás mais de 200 empresas galegas da conserva, o conxelado e a transformación que en 2012 obtiveron mais de 31 millóns de euros en exportacións.

Advertiu que o goberno galego leva mais de un ano facendo “absolutamente nada” para resolver esta situación, mentres onte mesmo a ministra de Pesca reclamaba medidas excepcionais da UE para aliviar os problemas do sector pesqueiro, como é adiar o 30 por cento da cota de pesca ao ano 2015 ou aplicar medidas compensatorias.

José Ramón Val lamentou o voto en contra do PP a esta iniciativa socialista, que lle reclamaba ao goberno galego a posta en marcha das “medidas precisas para dar unha solución axeitada a esta problemática co fin de que as empresas galegas poidan acadar o nivel de exportacións con estes países de anos anteriores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar