Veto do PP aos plans galegos de Saúde Mental, sobre o Suicidio, e de Prevención e Tratamento de condutas aditivas

Veto do PP aos plans galegos de Saúde Mental, sobre o Suicidio, e de Prevención e Tratamento de condutas aditivas

Veto do PP aos plans galegos de Saúde Mental, sobre o Suicidio, e de Prevención e Tratamento de condutas aditivas

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou o veto do PP a unha proposta socialista para reclamarlle á Xunta un Plan Galego de Saúde Mental, un Plan sobre o Suicidio e un Plan de prevención e tratamento de condutas aditivas. Así o dixo no debate dunha moción socialista hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia.

A responsable socialista acusou ao PP de votar contra as demandas dos doentes, os profesionais da sanidade, os familiares e as asociacións de saúde mental, demostrándose “politicamente autistas: nin escoitan nin aprenden”. Alertou do alarmante incremento no número de suicidios de Galicia, que pasou de 275 en 2010 a 394 en 2014, un incremento do 41 por cento en catro anos de acordo cos datos do Imelga.

Acuña responsabilizou aos recortes do goberno galego e ao impacto da crise económica do feito de que Galicia se teña situado como a Comunidade Autónoma coa maior taxa de suicidios de todo o Estado. Criticou que mentres os tratamentos con ansiolíticos aumentan un 48 por cento e a demanda de Saúde Mental crece un 15 por cento, o goberno galego reacciona limitando os medios e os profesionais sanitarios de Galicia.

Puxo como exemplo que as xubilacións “masivas e forzosas aplicadas á sanidade” deixaron á Área Sanitaria de Vigo con “tan só 28 psiquiatras para 600.000 persoas, menos da metade dos 60 recomendados, a razón de 1 por cada 10.000 habitantes”.

Acusou á Xunta de “autoproclamarse o goberno para todos” cando “a súa prepotencia e soberbia política os leva a votar en contra de todo o que se presenta dende a oposición”. Así o demostraron, lembrou, votando onte en contra de tódalas emendas da oposición aos orzamentos da Xunta e hoxe contra esta proposta.

Os socialistas reclamaran hoxe cumprir coas ratios de profesionais recomendadas, así como a incorporación de psicólogos clínicos, a creación e dotación adecuada de equipos e subequipos de continuidade de coidados para pacientes con trastorno mental grave ou garantir unidades de psicoxeriatría e servizos de Atención Temperá pediátricos adecuadamente dotados.

Tamén reclamou o impulso do movemento asociativo de usuarios e familiares de pacientes, a reversión de tódalas privatizacións de servizos sanitarios públicos para a atención da saúde mental, reforzar a Atención Primaria de Saúde ou o control, seguimento de coidados médicos, situación clínica e legar dos doentes con enfermidade mental derivados ás residencias da terceira idade.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar