Veto do PP a xeneralizar as unidades de ictus na sanidade pública galega

Veto do PP a xeneralizar as unidades de ictus na sanidade pública galega

Veto do PP a xeneralizar as unidades de ictus na sanidade pública galega

Enfermos terminaisA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha proposición non de Lei presentada polos socialistas na Comisión de Sanidade para xeneralizar as unidades de ictus na sanidade pública galega. A responsable socialista reclamou hoxe continuar o camiño marcado polo Hospital de Santiago, o único que conta con este tipo de unidade.

Acuña acusou ao PP de “buscar rédito político tamén nunha materia tan sensible como é a saúde pública” ao impedir que a Cámara aprobe esta proposta “para intentar que despois sexa o goberno galego quen o anuncie e sacar a maior rendibilidade electoral posible”. Criticou que o PP rexeitara a proposta para tratala “cando lles pareza oportuno”, en lugar de “comezar a falar da implantación dunha mellora sanitaria fundamental”.

A responsable socialista salientou o traballo feito no Hospital de Santiago polo doutor Blanco, que puxo en marcha a unidade e marcou o camiño á xeneralización dun tratamento precoz que permite axudar a milleiros de galegos e galegas. Sinalou que a implantación dun sistema de teleictus como o que existe entre Santiago e o Hospital do Salnés permite o seguimento destas doenzas a quilómetros de distancia.

Trátase dun tratamento que “require dunha maquinaria non moi custosa, un teledoppler que resulta anecdótico ao lado do investimento millonario en camións quirófano que ven de realizar o goberno galego e que demostra a súa “reticencia a mellorar o sistema sanitario público” porque “o que buscan é privatizar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar