Veto do PP a vacinar ás embarazadas contra a tosferina

Veto do PP a vacinar ás embarazadas contra a tosferina

Veto do PP a vacinar ás embarazadas contra a tosferina

VacinaO PP vetou hoxe unha proposta socialista para implantar a vacina da tosferina nas embarazadas “tal e como están facendo outras comunidades autónomas e protexer así aos bebés menores de 2 meses”, dixo a portavoz de Sanidade, Carmen Acuña. A deputada socialista reclamou tamén a implantación da vacina da meninxite B no calendario obrigatorio antes de xaneiro.

A deputada socialista propuxo a vacinación da tosferina a través dunha emenda in voce incluída na proposta orixinal para implantar a vacina da meninxite B, debido á “urxencia” desta medida “visto os falecementos que se están producindo por esta afección” e ao desabastecemento de vacinas nos centros públicos. O PP impediu votar a implantación desta vacina e rexeitou a da meninxite B.

Acuña criticou que a vacina da meninxite B só estea dispoñible “para quen poida pagala en farmacia”, unha decisión que vai dende os 200 para dúas doses nos nenos de máis de dous anos ata os 400 euros por catro doses para os nenos e nenas menores de 6 meses. Criticou que “tal e como está agora os nenos e nenas ricas se vacinan e os pobres non”, cando a inmensa maioría dos pediatras están recomendando a vacinación.

Lembra que no que levamos de ano “a lo menos levamos 12 anos, con cinco persoas mortas, das cales tres eran nenos e o último un bebé de 13 meses”, xerando unha gran alarma social, alimentada “polo lío e a confusión que ten montado o goberno de Feijóo xunto co de Madrid”.

Apuntou as dificultades que están a atopar as familias para acadar a dita vacina nas farmacias galegas polos problemas de desabastecemento que os obrigan a seguir peregrinando a Portugal para conseguir a súa dose. Sinalou que “todo ese lío se resolvería introducindo a vacina no calendario obrigatorio”, unha proposta xa aprobada previamente no Parlamento e que “hoxe só se trataría de poñerlle unha data”.

Advertiulle ao PP e ao goberno galego que non sigan co “lío montado coa vacina da varicela”, que ao principio negaron, retirándoa das farmacias en contra dos consellos dos pediatras, e “agora é que si, unha vez que duplicaron os casos de varicela deciden facer caso do que lle pediamos todo o mundo e incluír a vacina da varicela no calendario na primeira infancia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar